Campus Nada

Campus Nadal Obradoiro El Corte Inglés 2025

Xá está aberta a inscrición para o Campus Nadal Obradoiro El Corte Inglés 2025, unha oportunidade única para disfrutar do baloncesto, aprender novas habilidades e divertirse durante as vacacións de Nadal.

🏀 Datas: 26, 27, 29 e 30 de decembro

📍 Lugar: Pavillóns de Santiago de Compostela

👦👧 Idades: Nados entre 2008 e 2019 (ambos incluídos)

🕘 Horario:

  • Mañá: 9:30 a 13:30 h
  • Tarde: 16:00 a 19:00 h

Opción de comida: 13:30 a 16:00 h, organizada polo Campus

Durante o campus, os participantes traballarán no desenvolvemento técnico individual, a coordinación e o traballo en equipo, ademais de participar en xogos, concursos e actividades especiais nun ambiente educativo e festivo con temática navideña.

Partidos incluídos como invitados

16/12/25 – 20:00 h fronte ao Caja Rural CB Zamora

31/01/26 – 18:30 h fronte ao Alimerka Oviedo Baloncesto

Os familiares ou acompañantes poderán acceder a descontos especiais.

Como inscribirse

  1. Cubrir a ficha de inscrición.
  2. Realizar o abono da matrícula nas oficinas do club ou mediante transferencia á conta da Fundación Obradoiro (ABANCA ES23 2080 0375 1930 4001 8467).
  3. Entregar a ficha e o xustificante bancario nas oficinas do club ou envialos por correo a campus@obradoirocab.com.
Acceder ao tríptico e inscribirse

Para calquera dúbida, escribide a campus@obradoirocab.com ou chamade ao 690 61 88 72.