Campus Nadal

Canteira & Fundación Obradoiro

Campus Nadal

Xa está aberta a inscrición para o Campus Nadal Obradoiro El Corte Inglés 2026, unha oportunidade única para gozar do baloncesto, aprender novas habilidades e divertirse durante as vacacións de Nadal.

🏀 Categorías do Campus

Baby Nados en 2019 e 2020
Premini Nados en 2017 e 2018
Mini Nados en 2015 e 2016
Infantil Nados en 2013 e 2014
Cadete Nados en 2011 e 2012
Júnior Nados en 2009 e 2010
📅 Datas do Campus

26, 28, 29 e 30 de decembro

Período de inscrición: Aberto ata o 15 de decembro.
🕘 Horario
  • Mañá: 9:30 a 13:30 h
  • Tarde: 16:00 a 19:00 h
Opción de xantar: 13:30 a 16:00 h, organizada polo Campus.
Durante o campus, os participantes traballarán no desenvolvemento técnico individual, a coordinación e o traballo en equipo, ademais de participar en xogos, concursos e actividades especiais en un ambiente educativo e festivo con temática de Nadal.

Equipamento e agasallos incluídos

👕 Suadoiro, camiseta reversible e pantalón do Campus.
🎒 Mochila do Campus (gym sack).
🎟️ Unha entrada para cada participante para o partido de Liga Endesa do 27 de decembro contra o UCAM Murcia.

Como inscribirse

  1. Acceder á túa área de usuario.

    1. Podes acceder como pai/nai/titor ou co perfil do menor que asistirá ao campus.
    2. Se non tes un usuario, podes CREAR UN NOVO.
  2. Acceder ao apartado “OS MEUS CAMPUS”.

    Acceso ao apartado Os meus campus
  3. Unha vez dentro, veremos o campus, coa posibilidade de ver o dosier (se o houbese) e o botón de “INSCRICIÓN”.

    Botón de inscrición no campus
  4. Aparecerá a posibilidade de continuar a inscrición dos perfís dos cales teñamos control e cuxa idade encaixe coa idade permitida do campus (nados de 2009 a 2020).

    1. No caso de que non apareza o/a nen@, deberás ou ben crear o perfil ou acceder co seu propio usuario.
    Selección de perfil do participante
  5. Unha vez seleccionado o participante, deberase elixir a modalidade de entre todas las posibles:

    Tarifa xeral140 €
    Tarifa xeral e xantar200 €
    Xogador de canteira100 €
    Xogador de canteira e xantar160 €
    Abonado120 €
    Abonado e xantar180 €
    FEDERADO130 €
    FEDERADO e xantar190 €
  6. Despois deberás responder ás preguntas formuladas e darlle a enviar. Volveremos á lapela do campus, onde deberemos PROCEDER AO PAGAMENTO ou anular unha inscrición errónea.

  7. A reserva estará completada cando o estado cambie a “PAGADO”.

    Estado de inscrición Pagado

Para calquera dúbida, escribide a campus@obradoirocab.com ou chamade ao 690 61 88 72.