Creación do noso equipo de baloncesto adaptado para persoas con discapacidade intelectual, co obxectivo de promover o acceso ao deporte en igualdade de oportunidades. Unha iniciativa que favorece a inclusión, a autonomía persoal e o desenvolvemento de valores como o compañeirismo, o respecto e a superación.

En colaboración coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangre (ADOS), organizamos anualmente unha campaña de doazón de sangue para promover a solidariedade e o compromiso social. Unha iniciativa que busca fomentar a participación cidadá, ofrecendo entradas para os partidos do Monbus Obradoiro e sortear merchandising oficial do club entre os doadores.

En colaboración con Supermercados Gadis, organizamos un partido solidario no que a cadea dona 5 quilos de alimentos non perecedeiros por cada punto anotado por ambos os equipos durante un encontro oficial de Liga Endesa. Unha iniciativa que une deporte e solidariedade para apoiar cada ano a un centro social. En edicións anteriores, chegáronse a reunir ata 770 quilos de alimentos.

Visita do primeiro equipo ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), percorrendo diferentes áreas como a UCI Pediátrica, Onco-pediatría, Lactantes, Pediatría e a área infanto-xuvenil. Unha iniciativa para achegar o club aos pacientes, compartir momentos de achegamento e entregar agasallos, ademais de poñer en valor e recoñecer o labor do persoal sanitario.

Unha afección que demostra o seu compromiso dentro e fóra da pista. A través desta iniciativa solidaria, convídese aos asistentes ao Multiusos Fontes do Sar a lanzar peles á cancha, que posteriormente se entregan a diferentes centros infantiles. Unha acción que busca compartir ilusión e levar alegría aos máis pequenos a través dun xesto solidario.

Organización dunha rolda de prensa dirixida a escolares, na que os máis novos teñen a oportunidade de achegarse ao mundo do deporte e a comunicación. Unha iniciativa que busca espertar o seu interese, fomentar a aprendizaxe e promover valores como a participación, a expresión e o intercambio de ideas.

En colaboración coa Asociación de Persoas Sordas de Santiago de Compostela, impulsamos a adaptación do Miudiño á linguaxe de signos, mediante unha gravación que se proxecta nas pantallas do Multiusos Fontes do Sar antes do inicio de cada partido, coincidindo co momento no que a afección canta para animar ao equipo. Unha iniciativa que promove a accesibilidade, a inclusión e a participación de todas as persoas na vida do club.
