O Monbus Obradoiro presenta a súa campaña de abonados para a tempada 2025-2026 baixo o lema “Nós non faltamos”, unha mensaxe de fidelidade entre o club e a afección. Cada abono incluirá o lema “Eu non falto”, símbolo do compromiso individual de cada afeccionado. Porque cada asento cheo suma e cada abonado forma parte desta historia compartida.
Prezos
O prezo do abono depende da zona e da tarifa: Xeral, Baby (0-4), Infantil (5-12), Xuvenil (13-17), Maiores de 65 ou Reducido.
Os nenos de 0 a 4 anos poden entrar sen abono se non ocupan asento. Tamén existe o Abono Baby con asento e beneficios.
Prezo reducido para:
- Desempregados (+6 meses)
- Estudantes (-26 anos)
- Federados en baloncesto

Descontos
Descontos non acumulables entre si:
- Abonados 2024-2025: 15%
- Abonados anteriores (dende 2011-2012): 5%
Unha vez aplicados estes descontos, poderanse aplicar os seguintes descontos, acumulables entre si:
- Familiar: Descontos progresivos do 10% ao 80% segundo os membros. Os fillos e/ou irmáns deben ser menores de 26 anos. Estes descontos aplicaranse segundo a idade (tarifa Baby, Infantil, Xuvenil, maiores de 65 ou Xeral).
- Fidelidade: 5% tras cinco tempadas
- Asistencia perfecta: 5%
- Trae un amigo: 5-10% acumulables por cada novo abonado. O recomendado gozará dun 5% de desconto (non acumulable ao desconto de abonado doutras tempadas). En canto ao recomendador, se aínda non renovou nesta campaña, obterá un 5% no seu abono desta tempada e un 5% ao renovar na seguinte. No caso de ter xa renovado, beneficiarase dun 10% de desconto ao renovar na vindeira tempada.
- Doazóns á Fundación: 100€ de desconto por 150€ doados
O prezo final redondearase a euros sen decimais.
Como adquirir o teu abono?
- En liña: Accede aquí
- Presencial: Oficinas (L-V, 10:00–14:00). Solicita cita previa
Formas de pago
- Tarxeta de crédito/débito (non American Express)
- En efectivo
- Financiamento de 3 a 9 meses sen intereses (segundo aprobación bancaria)
Condicións do abono
1. A formalización e pagamento do abono dá dereito ao seu titular a ocupar o asento especificado no carné nos partidos a celebrarse no Multiusos Fontes do Sar, co Obradoiro como local, durante a Liga Regular "Primeira FEB", independentemente do número de equipos que a compoñan.
2. O abono non inclúe a entrada a partidos de Playoff ou calquera outro encontro fóra da Fase Regular da Liga "Primeira FEB" que se dispute en Santiago co Obradoiro como local.
3. A organización non se fai responsable da perda ou sustracción do abono. O acceso dos abonados ao pavillón farase co carné en formato Passbook, que se pode descargar e abrir con calquera das aplicacións dispoñibles para iso, por exemplo, Apple Wallet para iOS e Passwallet para Android.
4. A duplicación non autorizada ou a reventa deste produto pode impedir o acceso ao partido, así como a retirada do abono.
5. Condicións de acceso ao recinto: segundo dispoñen a Lei 19/2007 do 11 de xullo contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte no seu artigo 6.
6. A organización poderá negar a entrada aquelas persoas que non amosen a súa identificación e o abono, ou cuxo abono presente signos de falsificación ou manipulación non autorizada.
7. Non se permite recoller datos estatísticos en directo dos partidos comprendidos neste abono para o seu uso con fins comerciais ou distribuílos a terceiros sen autorización expresa da Federación Española de Baloncesto.
8. Reservado o dereito de admisión.
9. Aceptación do Regulamento Interno do recinto deportivo: "Pavillón Multiusos Fontes do Sar".
10. Se a normativa vixente en cada momento limitase o aforo de asistencia a algún partido, os abonados poderán ser reubicados para o mesmo, procurando que sexa nunha localidade da mesma categoría.
11. En caso de restricións de aforo, terán preferencia de acceso os abonados respecto á venda de entradas na taquilla.
