Abónate á 26/27

Campaña de Abonados Monbus Obradoiro

AXUDA AO TEU CLUB

A ESTAR ONDE SE MERECE

Santiago de Compostela pasou dúas tempadas sen a maxia da ACB. 726 días foron tempo máis que suficiente para lembrar o que significa ter ao Monbus Obradoiro competindo entre os máis grandes do baloncesto nacional. Hai cousas que, de tan cotiás, parecen normais... ata que desaparecen. E se algo sabe perfectamente este club, é o moitísimo que custa recuperalas.

Porque o Monbus Obradoiro nunca foi só baloncesto. É unha identidade, unha forma de sentirse parte de algo moito máis grande. Para lograr o regreso que nos corresponde, xunto coa nova campaña de abonados, o club lanza unha ambiciosa e imprescindible captación de fondos baixo o lema: "Axuda ao teu club a estar onde se merece".

Faite Obrad'ouro

Do 28 de maio ao 8 de xuño.

Esta primeira fase consiste na realización dun préstamo participativo nos termos e condicións que figuran nas condicións particulares do préstamo (AQUÍ).

 

Preguntas Clave sobre Obrad'ouro

Que é ser Obrad'ouro?

Ser Obrad'ouro significa tenderlle a man ao teu club cando máis o precisa. É formar parte activa, impulsalo cara ao futuro e demostrar con orgullo que sabes o que custa chegar á cima despois de todo o que vivimos xuntos.

Que vantaxes ten ser Obrad'ouro?
  • O 50% do aportado descontarase no teu abono desta tempada.
  • Exclusividade para renovar o teu abono no mesmo asento que a pasada campaña.
  • Recibirás unha camiseta especial, exclusiva e limitada do equipo.
Canto custa ser Obrad'ouro?

Fixouse un prezo mínimo de entrada adaptado por idades:

  • Adultos: Mínimo 200 euros.
  • Menores de idade: Mínimo 80 euros.

Cada afeccionado pode aportar máis do indicado se o desexa, sempre e cando a cantidade sexa un múltiplo exacto de 200™ (para adultos) ou de 80€ (para menores). Pódense adquirir tantos artigos como se desexe (un, dous, tres...).

Quen pode ser Obrad'ouro?

Calquera persoa pode selo. Está aberto de par en par a todo o mundo: tanto si fuches abonado do club en tempadas anteriores como se es un afeccionado completamente novo que quere arrimar o ombreiro por primeira vez.

Como ser Obrad'ouro e que pasos sigo despois da compra?

O proceso é moi sinxelo:

  1. 1. Entra na nosa tenda oficial e busca o artigo titulado Obrad'ouro (haberá unha versión para adultos e outra para menores de idade).
  2. 2. Engádeo ao teu carriño e finaliza a compra directa.
  3. 3. Recibirás un correo electrónico de confirmación detallando os datos da túa adquisición.

Fases da Campaña de Abonados

Unha vez finalizada a captación de Obrad'ouro, a campaña de abonos propiamente dita habilitarase seguindo unha orde cronolóxica estruturada en 3 fases:

FASE 1
Do 10 de xuño ao 7 de xullo

Exclusivo para Renovacións con Préstamo Obrad'ouro:

Destinado aos abonados da tempada 25-26 que realizasen o préstamo participativo Obrad'ouro. Poderán renovar o seu abono asegurando a súa mesma localidade da tempada pasada ou adquirilo en calquera outra que estea libre.

FASE 2
Desde o 8 de xullo

Novos Abonados:

Nesta fase calquera persoa, sexa Obrad'ouro ou non, poderá abonarse á tempada 26/27 ocupando calquera asento libre do pavillón.

ℹ️ Información

Os afeccionados que esperen á segunda fase para abonarse á tempada 26/27 non terán gardado o seu asento nin desfrutarán o desconto por renovación. O resto de descontos (familiar, fidelidade, asistencia, traer un amigo ou a doazón a Fundación Obradoiro) quedarán activos para calquera afeccionado.

Tarifas e Descontos

Prezos

O prezo final do teu abono estará suxeito á zona específica elixida do pavillón e á tarifa de idade ou condición que che corresponda:

  • Xeral
  • Baby: De 0 a 4 anos. (Os nenos de 0 a 4 anos poden entrar de balde se non ocupan asento. Se a familia prefire comodidade, dispoñen do Abono Baby con dereito a asento e todos os beneficios de abonado).
  • Infantil: De 5 a 12 anos.
  • Xuvenil: De 13 a 17 anos.
  • Maiores de 65 anos.
  • Tarifa Reducida: Prezo especial para:
    • Desempregados de máis de 6 meses (presentando vida laboral actualizada).
    • Estudantes menores de 26 anos (con carn&é de estudante, matrícula ou certificado).
    • Federados en baloncesto (licenza federativa vixente).
    *Nota: Sobre o prezo da Tarifa Reducida non se aplicará ningún desconto por renovación ou antigo abonado.
Táboa de Tarifas e Prezos de Abonos 1 Táboa de Tarifas e Prezos de Abonos 2

Descontos

Sobre o prezo base de cada zona calcúlanse en primeiro lugar os descontos de antigüidade por dereito de tempada (non acumulables entre si):

  • 15% Abonados Tempada 25-26.
  • 5% Abonados Tempadas Anteriores: Aplicable se fuches abonado en calquera momento desde a 2011-2012 ata antes da 2025-2026.

Unha vez aplicados os anteriores, pódense sumar e acumular entre si os seguintes beneficios:

  • Desconto Familiar: Aplicable desde 2 persoas do núcleo directo (matrimonio, pais/fillos, irmáns; fillos/irmáns menores de 26 anos). Poden sentarse en distintas zonas do pavillón. O 2º membro obtén un 10%, o 3º un 20%, o 4º un 30%, o 5º un 40%, o 6º un 50%, o 7º un 60%, etc.
  • 5% Fidelidade: Por ter sido abonado durante 5 tempadas.
  • 5% Asistencia: Recompensa por ter asistido aos 16 partidos da tempada 2025-2026.
  • Trae un amigo: O recomendado ten un 5% (non acumulable a antigüidade anterior). O recomendador recibe un 5% esta campaña e un 5% a seguinte (se non renovou aínda), ou un 10% a próxima tempada se xa renovou. ¡É acumulable por cada amigo traído e o abono pode saírche de balde!
  • Doazóns Fundación Obradoiro: Por cada 150€ doados, consegues 100€ de desconto directo no abono e 50€ en entradas para a tempada 26-27 (dedución fiscal legal de entre o 40% e o 80%).

Cálculo do prezo: Se fixeches o préstamo Obrad'ouro, réstase o 50% da achega no prezo final. O prezo final arredondarase eliminando os decimais (en euros enteiros).

Compra e Métodos de Pago

Vías de Formalización

Dispoñes de dúas canles oficiais para tramitar o teu abono de tempada:

  • Online (Internet): A través da web oficial de venda introducindo o teu usuario e contrasinal habituais.
    Acceder á Venda Online →
  • Presencial en Oficinas: Nas oficinas do club situadas no Multiusos Fontes do Sar.
    Horario especial (Ata o 3 de xullo): De luns a venres de 10:00 a 18:00 horas en horario ininterrompido.
    Horario habitual (Posterior ao 3 de xullo): De luns a venres de 10:00 a 14:00 horas.
    Solicitar Cita Previa →

Formas de Pago

Podes abonar o importe total a través das seguintes modalidades reguladas:

  • Tarxeta de crédito ou débito: Acéptanse as principais tarxetas do mercado (queda estritamente excluída American Express).
  • Efectivo: Unicamente xestionable nos mostradores de atención física das nosas oficinas.
  • Financiación sen xuros: Opcións flexibles de fraccionamento de pago desde 3 ata 9 meses sen xuros (operación supeditada á correspondente aprobación da entidade financeira colaboradora e suxeita a pequenos gastos de xestión e formalización.
📋 Ver Termos, Cláusulas e Condicións Legais do Abono
  1. A formalización e pago do abono dá dereito ao seu titular a ocupar o asento especificado no carn&é nos partidos a celebrarse no Multiusos Fontes do Sar, co Obradoiro como local, durante a Liga Regular "Liga Endesa", independentemente do número de equipos que a compoñan.
  2. O abono non inclúe a entrada a partidos de Playoff ou calquera outro encontro fóra da Fase Regular da Liga "Liga Endesa" que se dispute en Santiago co Obradoiro como local.
  3. A organización non se fai responsable da perda ou subtracción do abono. O acceso dos abonados ao pavillón farase co carn&é en formato Passbook, que se pode descargar e abrir con calquera das aplicacións dispoñibles para iso, por exemplo, Apple Wallet para iOS e Passwallet para Android.
  4. A duplicación non autorizada ou a revenda deste produto pode impedir o acceso ao partido, así como a retirada do abono.
  5. Condicións de acceso ao recinto: segundo dispón a Lei 19/2007 do 11 de xullo contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte no seu artigo 6.
  6. A organización poderá negar a entrada a aquelas persoas que non amosen a súa identificación e o abono ou cuxo abono presente signos de falsificación ou manipulación non autorizada.
  7. Non se permite recopilar datos estatísticos en directo dos partidos comprendidos neste abono para o seu uso con fins comerciais ou distribuílos a terceiros sen autorización expresa da Federación Española de Baloncesto.
  8. Reservado o dereito de admisión.
  9. Aceptación do Regulamento Interno do recinto deportivo: "Pavillón Multiusos Fontes do Sar".
  10. Se a normativa vixente en cada momento limitase o aforo de asistencia a algún partido, os abonados poderán ser recolocados para o mesmo, procurándose que sexa nunha localidade da mesma categoría.
  11. En caso de restricións de aforo terán preferencia de acceso os abonados respecto á venda de entradas en despacho de billetes.