AUTOBÚS: J.18 Leyma Coruña - Monbus Obradoiro
    • 5,00 €

Para facilitar o desprazamento, o club poñerá á disposición dos afeccionados autobuses especiais cara á Coruña. Poderán reservar billete todas as persoas que teñan entrada para o partido, independentemente de onde a adquirisen (web de Leyma Coruña ou Monbus Obradoiro). A expedición partirá desde a porta número 9 do Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro ás 15:45 horas e regresará ao mesmo lugar ao remate do partido. O prezo do billete é de 5 euro.

As condicións varían segundo o tipo de comprador:



  • Abonados do Monbus Obradoiro: Ao adquirir o billete, deberán aboar 5 euros, que se reembolsarán posteriormente no seu moedeiro do club, facendo que a viaxe sexa gratuíta. Cada billete debe mercarse co usuario e contrasinal do abonado, xa que só así se poderá facer o reembolso. Unha persoa pode mercar varios billetes, pero só se considerará un abonado para o reembolso. Se o abonado non realiza a viaxe, non se fará o reembolso.
  • Non abonados: Poderán adquirir os billetes de autobús, pero non terán dereito a reembolso.


Os autobuses só circularán se se acada un número mínimo de prazas vendidas; en caso contrario, reembolsarase o importe do billete.

    • Cantidad: