O pivote alicantino chega ao conxunto obradoirista tras completar unha destacada tempada en Primeira FEB, na que confirmou a súa progresion e se consolidou como unha das pezas importantes do Alimerka Oviedo Baloncesto.
Alonso Faure (Busot, Alacante, 2002) súmase ao Monbus Obradoiro para reforzar a rotación interior do equipo. O pivote, de 2,08 metros de altura, chega procedente do conxunto asturiano despois de completar a súa primeira tempada íntegra como profesional.
Formado nas categorías inferiores do Valencia Basket, o interior continuou o seu desenvolvemento nos Estados Unidos, onde disputou catro tempadas con Loyola Maryland e unha última campaña universitaria en Pepperdine University.
Durante o curso 2025/26, Faure deu un paso adiante no seu rendemento co Alimerka Oviedo Baloncesto, participando en 31 encontros de fase regular, 15 deles como titular. Naranqueses partidos promediou 7,7 puntos, 5,5 rebotes e 9,7 créditos de valoración en 17 minutos por encontro, contribuíndo ao gran ano do conxunto asturiano, que alcanzou a Final a Catro polo ascenso.
Coa súa incorporación, o Monbus Obradoiro suma un xogador mozo, con presenza física e capacidade para achegar na pintura.
Benvido a Santiago de Compostela, Alonso! Estamos convencidos de que gozaremos moito do teu xogo en Sar.
7
Pivot
Altura: 2,18m.
Data nacemento: 30/04/1998
10
Base
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 24/01/2006
23
Alerg
Altura: 1,96m.
Data nacemento: 15/04/1993
24
Alerg
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/04/1997
25
Escolta
Altura: 1,85m.
Data nacemento: 21/04/1996
28
Escolta
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 31/08/1998
29
Base
Altura: 1,99m.
Data nacemento: 21/11/1999
57
Ala-pivot
Altura: 2,07m.
Data nacemento: 12/09/1999
Adestrador
Data nacemento: 25/05/1978
O noso sitio utiliza cookies.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de cookies y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en Política de cookies.
