Actualidad

O Monbus Obradoiro xa é, oficialmente, equipo ACB

O Monbus Obradoiro dá un paso definitivo no seu regreso á elite do baloncesto español. A Asemblea Xeral da ACB aprobou a admisión do Obradoiro CAB SAD como socio da competición, unha vez acreditado o cumprimento de todos os requisitos deportivos, económicos, administrativos e organizativos.

Tras proclamarse campión da Primeira FEB o pasado mes de maio e conseguir o ascenso deportivo, o conxunto compostelán volverá competir na Liga Endesa dúas tempadas despois.

O Club quere agradecer á ACB e a todas as persoas e institucións que fixeron posible este regreso. Un recoñecemento especial aos xogadores, corpo técnico, directiva, empregados, patrocinadores, institucións, accionistas e, sobre todo, a unha afección que acompañou ao equipo en cada paso do camiño.

Coa vista posta na tempada 2026-27, o Monbus Obradoiro continúa traballando na planificación deportiva e institucional para afrontar con ilusión este novo reto na máxima categoría.

Destacado