Comunicados

Roberto Anidos incorpórase ao Monbus Obradoiro para reforzar a área de Dirección Deportiva

Tras o ascenso acadado o pasado curso, que devolveu o Monbus Obradoiro á máxima categoría do baloncesto español despois de dúas tempadas na Primeira FEB, o club continúa fortalecendo a súa estrutura co obxectivo de afrontar coas máximas garantías os retos da tempada 2026-2027.

Neste contexto, Roberto Anidos incorpórase á Dirección Deportiva para achegar a súa experiencia e reforzar os labores de avaliación, seguimento e procura de perfís que contribúan á confección dun cadro de xogadores competitivo para o regreso á Liga ACB.

A súa chegada responde á vontade do Monbus Obradoiro de continuar fortalecendo a súa organización, sumando recursos e talento ao proceso de identificación e captación de xogadores.

Destacado