O escolta estadounidense recibe o premio que o recoñece como o mellor xogador do Monbus Obradoiro nos partidos disputados durante o mes de outubro.
Os encontros ante o MoraBanc Andorra en setembro e o Real Madrid, o Ilerna Lleida, o Recoletas Salud San Pablo Burgos e La Laguna Tenerife en outubro deixaron tres candidatos, propostos pola prensa local de Santiago, para facerse co galardón.
Finalmente, foron os afeccionados os que, a través das redes sociais, elixiron a Alex Barcello como mellor xogador do mes, cun 52,8 % dos votos. Na segunda posición quedou Joel Soriano, cun 38,2 %, seguido de Leo Meindl, cun 9 %.
Durante o acto de entrega, o xogador amosou a súa satisfacción e agradeceu á afección o recoñecemento, aínda que quixo poñer o foco no traballo colectivo. "O único que importa agora é traballar xuntos para volver gañar. É necesario traballar cada día, porque a tempada é moi longa e o baloncesto sempre é un esforzo colectivo".
Sobre a súa estrea na ACB, recoñeceu que é "unha liga moi dura, con moito talento e grandes xogadores, pero intentamos dar o mellor de nós cada día para chegar ben aos partidos". Ademais, destacou a súa capacidade para achegar en diferentes facetas do xogo: "Enerxía, defensa, asistencias, puntos. O que faga falta para axudar o equipo".
Esta fin de semana, o Monbus Obradoiro medirase ao Barcelona nun esixente encontro no que os composteláns buscarán dar a sorpresa. "Contra o Real Madrid competimos ben e levámolos á prórroga. Necesitamos facer algo semellante, sendo competitivos durante todo o partido. O Barcelona é un bo equipo, con moito talento, pero afrontamos ese partido coa intención de gañar, como sempre".
Desde hai moitos anos, Estrella Galicia entrega o premio ao MVP de cada tempada do Monbus Obradoiro, coa participación da afección na elección. O novo trofeo da tempada 26/27 é moito máis ca un recoñecemento: representa a historia e a maneira de entender as cousas da compañía.
Está elaborado a partir de palés que durante anos transportaron cervexa Estrella Galicia desde a fábrica ata os puntos de consumo. Materiais que, unha vez cumprida a súa función, se recuperan para darlles unha nova vida. Así, o círculo péchase.
O que un día levou a cervexa ata os consumidores, hoxe volve a eles convertido nun recoñecemento ao xogador que eles mesmos escolleron.
Da fábrica ao consumidor. Do consumidor ao MVP. E do MVP, de novo, á historia de Estrella Galicia.
0
Base
Altura: 1,83m.
Data nacemento: 31/08/1997
1
Ala-pivot
Altura: 2,08m.
Data nacemento: 11/10/2001
3
Base
Altura: 1,96m.
Data nacemento: 31/08/1994
7
Pivot
Altura: 2,18m.
Data nacemento: 30/04/1998
8
Alerg
Altura: 2,01m.
Data nacemento: 20/03/1993
9
Base
Altura: 1,99m.
Data nacemento: 21/11/1999
12
Pivot
Altura: 2,08m.
Data nacemento: 30/01/2000
23
Alerg
Altura: 1,96m.
Data nacemento: 15/04/1993
24
Alerg
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/04/1997
25
Escolta
Altura: 1,85m.
Data nacemento: 21/04/1996
28
Escolta
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 31/08/1998
44
Pivot
Altura: 2,08m.
Data nacemento: 20/02/2002
57
Ala-pivot
Altura: 2,07m.
Data nacemento: 12/09/1999
Entrenador
Data nacemento: 25/05/1978
Nuestro sitio utiliza cookies.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de cookies y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en Política de cookies.
