Fichaxe

Joel Soriano: "Estou aquí para facer o que necesite o equipo para gañar"

Joel Soriano xa coñece a Liga Endesa e afronta o seu regreso con ganas de demostrar a súa mellor versión. O pivote estadounidense mostrouse moi satisfeito cos seus primeiros días en Santiago e destacou a acollida recibida por parte dos seus compañeiros e da afección.

"Estouno pasando moi ben. A afección está moi entregada ao equipo e a comida é das mellores que hai en España", explicou o xogador, que está a contar coa axuda de Yunio e Felipe para adaptarse á cidade.

Sobre o seu papel no equipo, Soriano ten claro que espera del Diego Epifanio: "Pediu que achegase a miña presenza na pintura e que contribuíse coa experiencia que teño". O interior tamén quixo deixar claro o seu compromiso: "Estou aquí para facer o que necesite o equipo para gañar".

O novo xogador obradoirista recoñece que o equipo aínda está a construír a súa química, pero confía no traballo diario. "Somos un equipo novo e necesitamos mellorar, pero cada día que adestramos estamos mellorando un 1 %", sinalou.

Tras unha primeira experiencia na ACB que non rematou como esperaba, Soriano regresa cunha mentalidade renovada e un obxectivo ambicioso: "Eu veño cada tempada para gañar un campionato. Ese é o meu obxectivo".

Éclinik, xunto ao Monbus Obradoiro

O Monbus Obradoiro conta unha tempada máis co apoio de éclinik, clínica pediátrica de Santiago de Compostela especializada no coidado e benestar dos máis pequenos.