Crónica

O Monbus Obradoiro é ACB

Os visitantes comezaban adiantándose no marcador, aínda que Felipe dos Anjos igualaba a contenda na seguinte posesión. Houbo que agardar dous minutos para ver a seguinte anotación, que correspondía a Alejandro Galán desde o tiro libre, poñendo por diante ao Monbus Obradoiro (3-2). O Inveready Gipuzkoa conseguiu a súa maior renda, +5, cando se achegaba o ecuador do cuarto (6-11). Cun magnífico Sergi Quintela, os composteláns freaban o acerto vasco e poñíanse por diante (12-11). O cuarto continuou moi igualado ata o final, pechándose cun 26-24.

A primeira anotación do segundo cuarto volvía levar a sinatura de Sergi Quintela, esta vez tras unha gran defensa picheleira. A afección apertaba como nunca a favor dos seus e, superados catro minutos de período, os locais dominaban por catro puntos (36-32). Pouco despois, os de Diego Epifanio lograban a maior vantaxe ata o momento, +9 (41-32). Máis tarde, o Monbus Obradoiro acadaba un +11 cun Alex Barcello explosivo (45-34). Porén, chegou entón un bo momento visitante, reducindo a diferenza a cinco puntos grazas a un triplo e un 2+1 (45-40). O encontro marchaba ao descanso cun 47-42.

O xogo regresaba á cancha de Sar con Alejandro Galán anotando desde o tiro libre, aínda que o Inveready Gipuzkoa respondía desde o triplo (49-45). O Monbus Obradoiro conseguía aguantar as acometidas rivais e, a falta de tres minutos, mantiña unha vantaxe de sete puntos (58-51). Tras unha técnica ao adestrador visitante e un triplo de Denzel Andersson, os locais elevaban a diferenza ata o +12 (65-53). O terceiro cuarto finalizaba cun 65-56.

¡O RESTO É HISTORIA!


">Ficha Técnica

">

85 – Monbus Obradoiro: Tra Holder (0), Denzel Andersson (8), Felipe dos Anjos (4), Leo Westermann (3), Dejan Kravic (13), A. Etxeguren (0), Travis Munnings (0), Yunio Barrueta (6), Diogo Brito (14), Sergi Quintela (20), Alex Barcello (12), Alejandro Galán (5).


68 – Inveready Gipuzkoa: A. Ngom (10), J. Tate (15), O. Hanzlik (3), A. Zubizarreta Aranbarri (0), M. Motos Cabodevilla (1), M. Ansorregui Deba (11), G. Maiza Apecechea (8), J. Nicolau Aledón (0), T. McGhie (15), A. Anabitarte Soroa (0), G. Korsantia (6) e Varela (0).


Parciais: 26-24, 47-42, 65-56, 85-68.


Árbitros: Leandro Nicolás Lezcano, Antonio Manuel Zamora Rodríguez, Rodrigo Palanca Page.


Incidencias: Partido correspondente á trixésimo cuarta xornada da Primeira FEB disputado no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela ante 6.183 espectadores.


Categorías