Actualidad

O 51.070 volve acompañar o Monbus Obradoiro na Lotería de Nadal

Hai tradicións que nos unen e esta é unha delas. Un ano máis, o Monbus Obradoiro volve apostar polo 51.070 como número para a Lotería de Nadal, unha cifra cargada de significado para toda a familia obradoirista.

O número lembra o 5 de outubro de 1970, data da fundación do noso club, e acompáñanos cada ano como parte da nosa historia, da nosa identidade e dese sentimento que une a todos os que formamos parte do Obradoiro.

🎟️ Como conseguir o teu décimo?

Conseguir o teu décimo é moi sinxelo e podes facelo en apenas un minuto a través de internet:

  • Accede a loteriacompostela.es/cab-obradoiro.
  • Escolle cantos décimos queres.
  • Preme en 'Comprar'.
  • Identifícate ou rexístrate como novo usuario.
  • Selecciona se prefires deixar o décimo en custodia no punto de venda ou recollelo persoalmente e revisa o resumo da compra.
  • Acepta as condicións e a política de privacidade.
  • Preme en 'Finalizar pedido' e realiza o pagamento.

Así de fácil!

Cada tempada compartimos alegrías, retos, emocións e momentos que pasan a formar parte da nosa historia. A Lotería de Nadal é outra desas pequenas tradicións que nos gusta vivir xunto á nosa afección.

O 51.070 xa está aquí. Que non falte o décimo do Obradoiro no voso Nadal!

Destacado