O conxunto obradoirista consegue unha nova vitoria no Multiusos Fontes do Sar tras un encontro moi disputado que se decidiu no último cuarto. A xornada estivo marcada pola emotiva homenaxe a Moncho Fernández antes do inicio do partido.
O encontro comezou cunha merecida homenaxe a Moncho Fernández, en recoñecemento a máis dunha década á fronte do Monbus Obradoiro, o equipo da súa cidade. A afección de Sar quixo agradecer así a súa traxectoria e dedicación ao club.
Co balón en xogo, foi o conxunto visitante o primeiro en anotar, pero a resposta obradoirista non se fixo agardar. Brandon Childress, Alex Barcello e Alejandro Galán atoparon o acerto desde o exterior para situar o 9-2 no marcador. O Fiatc Girona tratou de manterse preto, pero o bo ritmo ofensivo dos locais permitiu ao Obradoiro pechar o primeiro cuarto cunha vantaxe de trece puntos (25-12), grazas a un triplo de Caleb Agada sobre a bucina.
No segundo período, os visitantes melloraron as súas prestacións e comezaron a recortar distancias. O Monbus Obradoiro conseguiu manter inicialmente a súa vantaxe, pero a insistencia catalá e as dificultades ofensivas dos locais foron apertando o marcador. O Fiatc Girona chegou a igualar o encontro (40-40), aínda que Felipe dos Anjos, desde a liña de tiros libres, permitiu aos santiagueses marchar ao descanso por diante (42-40).
Tras o paso polos vestiarios, o conxunto catalán conseguiu poñerse por diante (42-45), dando paso a un terceiro cuarto marcado pola igualdade e o intercambio de canastras. Ningún dos dous equipos logrou impoñer o seu ritmo e o encontro chegou aos últimos dez minutos cunha lixeira vantaxe visitante (63-65).
O último período comezou cunha bandexa de Yunio Barrueta que devolvía a igualdade ao marcador. Co paso dos minutos, o Monbus Obradoiro conseguiu abrir unha diferenza de sete puntos (78-71), aínda que o Fiatc Girona volveu reaccionar e situouse a tan só un punto a falta de tres minutos e medio (80-79). Foi entón cando Barrueta e Alejandro Galán anotaron dous triplos consecutivos que deron folgos aos locais e permitiron recuperar unha vantaxe de sete puntos (86-79).
Nos últimos minutos, o Obradoiro soubo xestionar a súa renda e, co apoio de Sar, terminou certificando unha traballada vitoria por 91-81. Un triunfo que permite ao conxunto santiagués seguir medrando e sumar ante a súa afección nun encontro que esixiu manter a concentración ata o final.
Ficha técnica
91 – Monbus Obradoiro: B. Childress* (10), E. Abogidi (4), C. Agada (13), F. Dos Anjos (10), L. Meindl* (7), J. Soriano* (5), Y. Barrueta (18), D. Brito (0), S. Quintela (2), A. Barcello* (11), A. Faure (0), A. Galán* (11).
81 – Bàsquet Girona: D. N'Guessan* (16), A. Kunc (0), G. Glas (8), D. Stenionis (8), I. Vázquez (6), S. Whittaker* (7), M. Geben* (13), E. Sanmartín (0), K. Brunot (0), A. Pluta* (15), S. Martínez* (3), N. Maric (5).
Parciais: 25-12, 42-40 // 63-65, 91-81.
Árbitros: Rafael Serrano, Jorge Martínez e Andrés Fernández.
Incidencias: Partido correspondente á novena xornada da Liga Endesa, disputado no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela ante 5.171 espectadores.
0
Base
Altura: 1,83m.
Data nacemento: 31/08/1997
1
Ala-pivot
Altura: 2,08m.
Data nacemento: 11/10/2001
3
Base
Altura: 1,96m.
Data nacemento: 31/08/1994
7
Pivot
Altura: 2,18m.
Data nacemento: 30/04/1998
8
Alerg
Altura: 2,01m.
Data nacemento: 20/03/1993
9
Base
Altura: 1,99m.
Data nacemento: 21/11/1999
12
Pivot
Altura: 2,08m.
Data nacemento: 30/01/2000
23
Alerg
Altura: 1,96m.
Data nacemento: 15/04/1993
24
Alerg
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/04/1997
25
Escolta
Altura: 1,85m.
Data nacemento: 21/04/1996
28
Escolta
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 31/08/1998
44
Pivot
Altura: 2,08m.
Data nacemento: 20/02/2002
57
Ala-pivot
Altura: 2,07m.
Data nacemento: 12/09/1999
Adestrador
Data nacemento: 25/05/1978
O noso sitio utiliza cookies.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de cookies y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en Política de cookies.
