O obxectivo do club é ser un actor activo na sociedade de Santiago de Compostela e o seu contorno. Puxo en marcha un ambicioso programa de acción social que combina participación directa e indirecta na cidade, achegando a actividade deportiva a diversos colectivos e fomentando valores como a inclusión, a solidariedade e a educación.
Para logralo, o club aproveita a súa visibilidade nas plataformas dixitais —Facebook, X e Instagram— que nos últimos 30 días alcanzaron case 4 millóns de visualizacións, e a asistencia de máis de 4.000 espectadores por partido no Multiúsos Fontes do Sar, amplificando así o impacto das súas iniciativas.
Durante a presente tempada leváronse a cabo múltiples accións de relevancia social, entre elas:
Presentación das camisetas en lugares icónicos da cidade como o Mercado de Abastos e o Monte Pedroso xunto á asociación Down Compostela.
Apoio á loita contra o cancro de mama, portando pancartas e lazos rosas nos partidos.
Apadriñamento da I Promoción TEI do Colexio Peleteiro coa campaña “Todos xuntos” contra o acoso escolar.
Campaña de doazón de sangue con ADOS.
Entrega do balón do partido por José Paz, deportista con discapacidade, con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Visitas de Nadal a unidades pediátricas, de oncología e diálise no CHUS e no HM A Esperanza.
Participación no Día Mundial da Diabetes e no proxecto Erasmus Sport+, fomentando a inclusión de inmigrantes. Ambos xunto á FEGABA.
Partido solidario con Gadis, doando varios centos de quilos de alimentos ao Albergue Juan XXIII.
Inicio do “Miudiño en lingua de signos” ao comezo de cada partido, promovendo a accesibilidade e a inclusión.
Ademais, doáronse produtos a asociacións como Compostela Solidaria e Fundación Andrea, invitando a distintas entidades a gozar dos partidos desde a Grada Social, e visitando colexios como CEIP de Sigueiro e Camiño Inglés para fomentar a educación deportiva e a integración desde idades temperás.
Con estas accións, o club reafirma o seu lema de presentación das camisetas desta tempada: “Unha camiseta que nos representa a todos. Un Obradoiro cada día máis Picheleiro”, consolidando o seu papel como motor social en Santiago de Compostela.
Nos próximos meses continuarán iniciativas con motivo do Día Mundial contra o Cancro, o Día Internacional da Educación, máis visitas a colexios e asociacións, eventos deportivos como o 3x3 coa USC e o PROAM, e novas colaboracións.
Desde o club dáse grazas a todas as empresas e asociacións que ofrecen a súa axuda para poder chegar ao máximo de persoas posibles e ofrecer a mellor asistencia; sen a súa colaboración, moitas destas accións non serían posibles. Ao mesmo tempo, o club atópase actualmente na procura de empresas que desexen participar nestas iniciativas solidarias, converténdose en promotoras da Obra Social do club e sumando forzas para amplificar o seu impacto na comunidade.
Grazas a este compromiso, o Obradoiro non só é un referente deportivo, senón tamén un actor próximo e activo na vida da cidade, demostrando que o deporte pode transformar a sociedade e unir a toda a comunidade.
1
Base
Altura: 1,78m.
Data nacemento: 26/06/1998
5
Ala-pivot
Altura: 2,03m.
Data nacemento: 21/09/1996
7
Pivot
Altura: 2,18m.
Data nacemento: 30/04/1998
8
Pivot
Altura: 2,10m.
Data nacemento: 26/02/1992
9
Base
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/06/1992
10
Base
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 24/01/2006
11
Pivot
Altura: 2,13m.
Data nacemento: 09/10/2025
16
Pivot
Altura: 2,06m.
Data nacemento: 26/11/2002
23
Alerg
Altura: 1,96m.
Data nacemento: 15/04/1993
24
Alerg
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/04/1997
25
Escolta
Altura: 1,85m.
Data nacemento: 21/04/1996
28
Escolta
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 31/08/1998
29
Base
Altura: 1,99m.
Data nacemento: 21/11/1999
57
Ala-pivot
Altura: 2,07m.
Data nacemento: 12/09/1999
Entrenador
Data nacemento: 25/05/1978
Nuestro sitio utiliza cookies.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de cookies y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en Política de cookies.
