O Monbus Obradoiro protagonizou o pasado venres unha orixinal “rolda de prensa escolar” no Colexio Público de Ponte Carreira, onde os estudantes converteronse en xornalistas por un día nun encontro próximo e participativo que achegou o baloncesto profesional aos máis pequenos.
A visita ao Colexio Público de Ponte Carreira tivo lugar con motivo da rolda de prensa oficial da xornada 26 da Primeira FEB, na que o noso adestrador Diego Epifanio atendeu aos medios de comunicación. Tras finalizar este encontro profesional, deu paso a unha actividade moi especial: a rolda de prensa escolar, na que os alumnos e alumnas asumiron o papel de xornalistas e puideron entrevistar ao propio Diego Epifanio acompañado por Sergi Quintela e Felipe Dos Anjos.
Lonxe dun formato convencional, o salón de actos do centro transformouse nunha auténtica sala de prensa. Os estudantes fixeron preguntas sobre a vida dentro do vestiario, as rutinas de adestramento ou as experiencias persoais dos xogadores, mesturando curiosidade, humor e reflexión. Tamén se abordaron temas de esforzo e constancia, con consellos sobre a importancia de compaxinar estudos e deporte.
A xornada contou ademais coa presenza da nosa mascota, Chicha, que se gañou a atención do alumnado e animou a interacción no patio de recreo tras a rolda de prensa.
Máis aló da actividade puntual, este tipo de propostas reforzan o vínculo que o club mantén co centro desde hai anos. A implantación do baloncesto no día a día do colexio é xa unha realidade visible, tanto nas súas instalacións como na implicación do alumnado.
Para o Monbus Obradoiro, esta rolda de prensa escolar non foi só un exercicio educativo, senón unha oportunidade de compartir valores, achegar o baloncesto profesional aos máis novos e seguir construíndo comunidade desde a proximidade.
1
Base
Altura: 1,78m.
Data nacemento: 26/06/1998
5
Ala-pivot
Altura: 2,03m.
Data nacemento: 21/09/1996
7
Pivot
Altura: 2,18m.
Data nacemento: 30/04/1998
8
Pivot
Altura: 2,10m.
Data nacemento: 26/02/1992
9
Base
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/06/1992
10
Base
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 24/01/2006
11
Pivot
Altura: 2,13m.
Data nacemento: 09/10/2025
16
Pivot
Altura: 2,06m.
Data nacemento: 26/11/2002
22
Ala-pivot
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 14/09/1994
23
Alerg
Altura: 1,96m.
Data nacemento: 15/04/1993
24
Alerg
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/04/1997
25
Escolta
Altura: 1,85m.
Data nacemento: 21/04/1996
28
Escolta
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 31/08/1998
29
Base
Altura: 1,99m.
Data nacemento: 21/11/1999
57
Ala-pivot
Altura: 2,07m.
Data nacemento: 12/09/1999
Entrenador
Data nacemento: 25/05/1978
Nuestro sitio utiliza cookies.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de cookies y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en Política de cookies.
