
Aos xogadores do primeiro equipo uniranse seis canteiráns do Obradoiro Ames que compite en Terceira FEB Estes mozos terán a oportunidade de seguir formándose e desenvolvéndose adestrando xunto a xogadores de primeiro nivel.
Estes son os seis rapaces que poderán seguir mellorando aspectos técnicos tácticos e físicos e que xa contan coa capacidade necesaria para axudar nos adestramentos do primeiro equipo:
- Álvaro Soneira: Base de 1,87 metros nacido en 2008 Destaca polo seu talento e capacidade de lectura de xogo Canteirán de categoría júnior que demostrou un amplo despregue na cancha.
- Hugo Sánchez: Nado en 2007 con 1,93 metros de altura Ala versátil con gran capacidade anotadora desde longa distancia No seu currículo figura unha convocatoria coa selección U18 3x3 o pasado verán.
- Predinho: Mide 1,85 metros Base con moito talento e capacidade para distribuír o xogo similar en estilo a Soneira Unha das súas maiores virtudes é a ampla visión de xogo.
- Diego Serguei Ala pivote de 2,00 metros cun desenvolvemento físico excepcional que lle proporciona gran capacidade de rebote defensa e dominio da zona Destaca pola súa táctica defensiva.
- Mateo Cambón: Nado en 2006 mide 2,06 metros Posúe boa estrutura e envergadura con capacidade para abrir a cancha grazas ao seu tiro de tres puntos Pode atacar de fronte en situacións finais para rematar ou xerar xogo Bo defensor pola súa presenza física.
- Rodrigo Díaz: Escolta de 1,95 metros versátil capaz de anotar desde longa distancia e de finalizar preto do aro Destaca tamén polo seu despregue defensivo no perímetro.