Primeira vitoria da tempada para o Obradoiro Ames

O filial obradoirista, como no primeiro encontro da tempada, buscou impoñer a súa condición de local desde os primeiros minutos. O partido comezou cun intercambio de golpes, onde Bosco amosaba maior acerto, e o primeiro cuarto rematou con lixeira vantaxe visitante (16-20).

O segundo cuarto estivo marcado pola falta de acerto de ambos equipos e un ritmo de xogo alto que xeraba imprecisións. Bosco chegou a ampliar a súa vantaxe ata 16-24, pero Obradoiro Ames respondeu con canastras fáciles e unha boa defensa, reducindo a diferenza a 20-24 e obrigando ao tempo morto visitante. Tras o descanso, os visitantes recuperaron algo de vantaxe con canastras baixo o aro, aínda que os locais lograron achegarse a catro puntos ao peche do cuarto (28-32).

O terceiro cuarto comezou cos locais igualando o marcador. Un triple e unha canastra de dous puntos devolveron a vantaxe a Bosco, pero Obradoiro Ames respondeu con defensa e xogo colectivo, logrando poñerse por diante (41-39), o que provocou un novo tempo morto visitante. A partir de aí, os locais lograron aumentar a diferenza grazas a un xogo dinámico, ataques ao aro e triples liberados, pechando o terceiro cuarto 51-41.

No último cuarto, Obradoiro Ames mostrou gran acerto exterior, anotando tres triples en catro ataques. Aínda que Solgaleo Bosco intentou reaccionar, os locais mantiveron a vantaxe grazas á súa defensa, velocidade no contraataque e bo movemento de balón, consolidando a vitoria cun marcador final de 71-60.

Con este triunfo, Obradoiro Ames rompe a racha de derrotas axustadas e consegue un impulso positivo para o que resta de tempada.

Destacado