A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Monbus Obradoiro presentaron esta mañá, en rolda de prensa, unha campaña especial que se celebrará este mes de novembro, destinada a fomentar o xesto altruísta da doazón de sangue entre os veciños e veciñas de Santiago de Compostela. A directora da Axencia, Marisa López García, quixo agradecer ao Monbus Obradoiro a súa longa traxectoria de colaboración e compromiso co xesto solidario da doazón e pediu ao director xeral do club, Héctor Galán, que trasladase o recoñecemento polo seu compromiso altruísta a todos os membros da familia obradoirista.
A dirección de ADOS destaca a importancia da colaboración de colectivos e institucións procedentes de todos os ámbitos para lograr unha conciencia social favorable á doazón de sangue, como nesta nova ocasión está impulsando o Monbus Obradoiro, xa que combina os valores positivos do deporte co mensaxe de solidariedade que transmite a Axencia.
Pola súa parte, Héctor Galán amosou o firme compromiso do club con diferentes causas sociais de gran importancia, como a que terá lugar este próximo mércores na Praza Vermella da cidade. “Así como o equipo recibe o apoio de innumerables afeccionados, creemos que é necesario devolvelo con actos que nos acheguen a eles e que, en ocasións, beneficien á sociedade. O ano pasado xa organizamos un evento similar con ADOS, e este ano non quixemos perder a oportunidade de que todos os obradoiristas poidan aportar o seu gran de area para aumentar o número de doazóns”.
Ademais, cómpre mencionar que, durante a tarde do mércores, parte da plantilla do Monbus Obradoiro visitará o autobús situado no centro de Santiago de Compostela para mostrar o seu apoio á causa e coñecer como funcionan este tipo de unidades móbiles de doazón de sangue.
Durante a campaña de doazón do 26 de novembro, unha unidade móbil de ADOS estará estacionada na santiaguesa Praza Vermella de 15:30 a 21:00 horas para atender a todas as persoas que desexen doar sangue, e todas elas recibirán, como agasallo pola súa colaboración, unha entrada (ata esgotar existencias) cedida polo Monbus Obradoiro para o encontro que o equipo santiagués disputará o próximo sábado 6 de decembro fronte ao Flexicar Fuenlabrada no Multiusos de Sar. Ademais, todas as persoas que doen sangue participarán no sorteo dunha camiseta asinada pola plantilla de xogadores do Monbus Obradoiro.
Durante os días previos a esta campaña especial de doazón, tanto a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue como o equipo compostelán están informando nas súas redes sociais sobre a importancia de participar activamente nas campañas de doazón de sangue e, concretamente, invitando a doar sangue o próximo mércores 26 de novembro.
A directora da Axencia recordou o carácter solidario dos veciños e veciñas de Santiago de Compostela que, no pasado ano 2024, situaron á capital galega como a primeira das sete grandes cidades galegas en taxa de doazón, cun índice de 85 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, grazas ás 8.457 doazóns rexistradas durante o pasado exercicio.
ADOS quere agradecer a todos os membros do Monbus Obradoiro (directiva, corpo técnico, xogadores, seguidores e seguidoras,…) a súa especial sensibilidade en torno á doazón de sangue, así como o seu decidido compromiso para impulsar este xesto solidario en Santiago de Compostela, agardando que, coa súa contribución, a cidade continúe sendo un dos concellos galegos con maior número de doazóns de sangue.
1
Base
Altura: 1,78m.
Data nacemento: 26/06/1998
5
Ala-pivot
Altura: 2,03m.
Data nacemento: 21/09/1996
7
Pivot
Altura: 2,18m.
Data nacemento: 30/04/1998
8
Pivot
Altura: 2,10m.
Data nacemento: 26/02/1992
9
Base
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/06/1992
10
Base
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 24/01/2006
11
Pivot
Altura: 2,13m.
Data nacemento: 09/10/2025
16
Pivot
Altura: 2,06m.
Data nacemento: 26/11/2002
23
Alerg
Altura: 1,96m.
Data nacemento: 15/04/1993
24
Alerg
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/04/1997
25
Escolta
Altura: 1,85m.
Data nacemento: 21/04/1996
28
Escolta
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 31/08/1998
29
Base
Altura: 1,99m.
Data nacemento: 21/11/1999
57
Ala-pivot
Altura: 2,07m.
Data nacemento: 12/09/1999
Adestrador
Data nacemento: 25/05/1978
O noso sitio utiliza cookies.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de cookies y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en Política de cookies.
