O conxunto compostelán competiu ata o final nun encontro de máxima igualdade que precisou de dous tempos extra para decidirse.
O Monbus Obradoiro visitaba esta fin de semana a pista do Kids&Us Manresa nun encontro que se prolongou ata as dúas prórrogas e que acabou resolvéndose por un só punto (100-99). Os composteláns protagonizaron unha sólida reacción en diferentes fases do partido e levaron a emoción ata a última posesión.
O encontro comezou con acerto local desde a liña de tiros libres e dende o exterior, situando o 5-0 nos primeiros compases. A resposta obradoirista non se fixo agardar e, da man de Leo Meindl e Joel Soriano, o equipo conseguiu darlle a volta ao marcador (5-6). A igualdade foi a tónica dominante durante o primeiro cuarto, con alternativas para ambos os conxuntos. Brandon Childress e Notae intercambiaron triplas nos últimos instantes para pechar os primeiros dez minutos con empate a 19.
O segundo período mantivo a mesma dinámica. O Kids&Us Manresa atopou acerto desde o perímetro para abrir unha pequena fenda, pero o Monbus Obradoiro reaccionou con rapidez ata recuperar a igualdade (25-25). Unha tripla de Leo Meindl permitiu aos visitantes alcanzar a súa máxima vantaxe ata ese momento, con cinco puntos de diferenza (27-32). Os locais foron recortando distancias e un lanzamento exterior de Notae sobre a bucina deixou o marcador nun axustado 36-36 ao descanso.
Tras o paso polos vestiarios, o conxunto catalán volveu tomar a iniciativa cun parcial de 5-0. O seu acerto permitiulle ampliar progresivamente a vantaxe ata alcanzar os dez puntos (48-38). Lonxe de perderlle a cara ao encontro, o Monbus Obradoiro atopou en Alex Barcello e Efe Abogidi a resposta para volver achegarse no marcador (48-46). O Kids&Us Manresa conseguiu manter a súa vantaxe no tramo final do cuarto e afrontou os últimos dez minutos cun 55-48.
O último período comezou cos locais tratando de administrar a súa renda. Porén, o Monbus Obradoiro foi medrando co paso dos minutos e, grazas á súa insistencia, conseguiu reducir a diferenza ata situarse a só tres puntos (64-61). Joel Soriano achegou aínda máis os composteláns e o equipo continuou traballando para manterse con opcións. Nun desenlace de máxima emoción, os visitantes conseguiron igualar o encontro e forzar a primeira prórroga co 73-73.
O tempo extra mantivo a intensidade e a igualdade do encontro. O Kids&Us Manresa conseguiu unha vantaxe de cinco puntos grazas ao seu acerto exterior, pero o Monbus Obradoiro volveu demostrar a súa capacidade de reacción. Os composteláns foron recortando distancias ata que, a falta de 18 segundos, conseguiron establecer de novo o empate (86-86). Ningún dos dous equipos conseguiu alterar o marcador nos instantes finais e o partido precisou dunha segunda prórroga.
No segundo tempo extra, o Monbus Obradoiro tomou a iniciativa nos primeiros compases, aínda que a igualdade volveu instalarse rapidamente no marcador. Con pouco máis dun minuto por disputar, ambos os equipos estaban empatados a 97. O desenlace decidiuse nos últimos instantes e, malia o esforzo do conxunto compostelán por levar a vitoria, o encontro acabou caendo do lado local por un axustado 100-99.
Ficha técnica
100 – Kids&Us Manresa: L. Kolenda (4), H. Benítez* (5), L. Scuka* (3), E. Vila (3), L. Beaufort (2), F. Bassas (21), P. Tamba (2), C. Agbo* (0), JD Notae* (33), N. Ongenda (5), P. Oriola* (17), E. Mobley (5).
99 – Monbus Obradoiro: B. Childress* (23), E. Abogidi* (3), C. Agada (2), F. Dos Anjos (2), L. Meindl* (15), J. Soriano* (30), Y. Barrueta (8), D. Brito (0), S. Quintela (0), A. Barcello* (12), A. Faure (0), A. Galán (4).
Parciais: 19-19, 36-36 // 55-48, 73-73, 86-86, 100-99.
Árbitros: Luis Miguel Castillo, Joaquín García e Cristóbal Sánchez.
Incidencias: Partido correspondente á sétima xornada da Liga Endesa, disputado no Pavelló Nou Congost de Manresa.
0
Base
Altura: 1,83m.
Data nacemento: 31/08/1997
1
Ala-pivot
Altura: 2,08m.
Data nacemento: 11/10/2001
3
Base
Altura: 1,96m.
Data nacemento: 31/08/1994
7
Pivot
Altura: 2,18m.
Data nacemento: 30/04/1998
8
Alerg
Altura: 2,01m.
Data nacemento: 20/03/1993
9
Base
Altura: 1,99m.
Data nacemento: 21/11/1999
12
Pivot
Altura: 2,08m.
Data nacemento: 30/01/2000
23
Alerg
Altura: 1,96m.
Data nacemento: 15/04/1993
24
Alerg
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/04/1997
25
Escolta
Altura: 1,85m.
Data nacemento: 21/04/1996
28
Escolta
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 31/08/1998
44
Pivot
Altura: 2,08m.
Data nacemento: 20/02/2002
57
Ala-pivot
Altura: 2,07m.
Data nacemento: 12/09/1999
Adestrador
Data nacemento: 25/05/1978
O noso sitio utiliza cookies.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de cookies y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en Política de cookies.