Noticia

O Obradoiro CAB celebrou a súa Xunta Xeral ordinaria de accionistas

O Obradoiro CAB SAD celebrou na tarde do venres 26 de decembro de 2025 a súa Xunta Xeral ordinaria de Accionistas, na que estivo representado un quórum do 57,08 %, para tratar todos os puntos correspondentes á tempada 2024/25.

A sesión iniciou-se coa presentación do Informe do Presidente, realizada por Raúl López. A continuación, quedaron aprobadas as Contas Anuais correspondentes ao exercicio 2024/25 (por unanimidade), a distribución do resultado do exercicio (por unanimidade), a xestión da SAD por parte do Consello de Administración durante a tempada 2024/25 (por unanimidade) e o orzamento da tempada 2025/26 (por unanimidade).

Categorías
Destacado