Noticia

“A Rebo-Sar”: Activada a liberación de asentos fronte ao Movistar Estudiantes

Quedan tres finais para rematar a liga regular e o equipo necesita, máis ca nunca, a forza do seu mellor xogador: a súa afección. A resposta das persoas abonadas está a ser extraordinaria, con todas as localidades vendidas e o cartel de sold out xa colgado.

Co fin de optimizar a asistencia e asegurar que cada asento estea ocupado, o club activa novamente esta campaña, que permite ás persoas abonadas liberar o seu asento no caso de non poder asistir ao encontro.

Grazas a esta iniciativa, aqueles abonados que non poidan acudir ao partido poderán poñer a súa localidade a disposición doutros afeccionados. No caso de que o asento liberado sexa vendido, o abonado recibirá o 50 % do importe correspondente no seu moedeiro do club.

Os asentos liberados iranse poñendo automaticamente á venda a medida que se xestionen.

Como liberar o asento

O proceso pode realizarse de maneira sinxela a través da sección de abonados da web oficial do club. As persoas interesadas deberán iniciar sesión co seu usuario e contrasinal, acceder ao apartado “Os meus abonos”, seleccionar “Xestionar” dentro do seu abono, localizar o partido correspondente e, a través da opción “Opcións”, escoller “Vender entrada”. Antes de finalizar, o sistema solicitará confirmación da operación.

Con esta medida, o club busca manter o ambiente e o apoio nas bancadas nun momento clave da tempada.

Categorías