Noticia

Aberta a venda de entradas para recibir ao Movistar Estudiantes

O penúltimo partido da tempada como locais levaranos a recibir ao Movistar Estudiantes o domingo 26 de abril ás 18:15 horas en Sar, nun encontro importante do tramo final da competición no que o equipo buscará seguir contando co máximo apoio da súa afección na casa.

Os abonados poderán acceder ao encontro co seu abono de tempada e, ademais, contarán cun período de venda preferente para adquirir entradas adicionais para amigos ou familiares. Esta primeira fase estará reservada exclusivamente para abonados ata o mércores 22 de abril ás 14:00 horas. A partir dese momento, as localidades dispoñibles poranse á venda para o público xeral ata completar o aforo.

A grada de Fondo 2 manterá a ampliación realizada con motivo do partido ante Cloud.gal Ourense, co obxectivo de aumentar a capacidade do pavillón e facilitar o acceso da nosa afección.

En canto á afección visitante, reservarase un número de entradas conforme ao acordo establecido entre ambos clubs. Nestes momentos, queda pendente de confirmación se será o propio club ourensán quen xestione directamente a súa distribución ou se estas localidades se incorporarán ao proceso de venda xeral.

Animamos a toda a nosa afección a encher Sar e acompañar ao equipo nun partido clave da tempada. ¡Xuntos somos máis fortes!

Categorías