Noticia

Pechamos tempada. Iniciamos a seguinte

En especial, queremos recoñecer o traballo realizado por Gonzalo Rodríguez e Félix Alonso, cuxas etapas no club remataron para continuar coas súas traxectorias profesionais no Córdoba Club de Baloncesto e no Odilo Cartagena, respectivamente. Desexámoslles a maior das sortes nesta nova etapa.

Así mesmo, hoxe, 30 de xuño —data na que expiraba o prazo para executar as cláusulas de renovación de Nacho Varela e Strahinja Micovic— comunicamos que estas non se farán efectivas. Agradecémoslles a súa entrega e profesionalidade, e desexámoslles o mellor nos seus próximos destinos deportivos.

Xunto a eles, tamén queremos mostrar o noso recoñecemento ao resto dos xogadores que formaron parte do cadro obradoirista nesta tempada: Toms Leimanis, Brad Davison, Tomeu Rigo, Oliver Stević, Ondřej Balvín, Vladimír Brodziansky, Millán Jiménez, Álex Galán, Álvaro Muñoz, Lucas Faggiano, Rati Andronikashvili, Jake Stephens, Pablo Harguindey, Victory Onuetu, Alonso Grela, Álex Barcello e Sergi Quintela.

Grazas a todos polo voso traballo, implicación e por defender as nosas cores con orgullo. Foi un privilexio contar co voso talento e compromiso. Desexámosvos os maiores éxitos nos próximos desafíos e, quen sabe, quizais o baloncesto volva cruzar os nosos camiños no futuro.

O Monbus Obradoiro continuará traballando coa mesma ilusión e esforzo para seguir medrando, sempre co apoio da súa afección, que dá sentido a cada paso do camiño.

Nós non faltamos!

Destacado