O ala-pívot conseguiu o premio MVP Estrella Galicia, que o acredita como o mellor xogador dos partidos disputados polo Monbus Obradoiro durante o primeiro mes de 2026.
Os enfrontamentos ante Súper Agropal Palencia en Liga e Copa, Cloud.gal Ourense Baloncesto, HLA Alicante e Alimerka Oviedo deixaron tres candidatos propostos pola prensa local para facerse co galardón.
Finalmente, foron os afeccionados, a través das redes sociais, os que elixiron a Alejandro Galán como o mellor xogador do mes, cun 44,9 % dos votos. En segundo lugar situouse Felipe dos Anjos, cun 35 %, e en terceira posición quedou Dejan Kravic, cun 20,1 %.
Durante o acto de entrega, o propio xogador extremeño comentaba: “Non me agardaba isto. Estou contento polo último mes e por como competimos. Ao final, sempre intento dar o máximo e facer o mesmo que levo facendo sempre. Aínda que pode ser casualidade que nestes partidos me tocara a min anotar máis puntos; igual nos seguintes lle tocará a outro”.
“Temos tido lesións moi importantes, non só porque sexan de longa duración, senón porque eran xogadores que, en principio, ían ser clave para nós. Creo que nos recuperamos ben; os xogadores que chegaron adaptáronse moi rápido. É certo que en Ourense deixamos escapar unha vitoria importante, pero creo que nos recompuxemos ben. Nós temos que seguir co noso e sumar o máximo de vitorias posibles. Isto é moi longo”.
Respecto ao próximo rival do Monbus Obradoiro, Hestia Menorca, opinou que “é un moi bo equipo que, de feito, xa nos gañou. Agora incorporaron xogadores moi bos, ademais dos que xa tiñan. Será un equipo perigoso e un partido duro, que esperamos sacar adiante”.
1
Base
Altura: 1,78m.
Data nacemento: 26/06/1998
5
Ala-pivot
Altura: 2,03m.
Data nacemento: 21/09/1996
7
Pivot
Altura: 2,18m.
Data nacemento: 30/04/1998
8
Pivot
Altura: 2,10m.
Data nacemento: 26/02/1992
9
Base
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/06/1992
10
Base
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 24/01/2006
11
Pivot
Altura: 2,13m.
Data nacemento: 09/10/2025
16
Pivot
Altura: 2,06m.
Data nacemento: 26/11/2002
22
Ala-pivot
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 14/09/1994
23
Alerg
Altura: 1,96m.
Data nacemento: 15/04/1993
24
Alerg
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/04/1997
25
Escolta
Altura: 1,85m.
Data nacemento: 21/04/1996
28
Escolta
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 31/08/1998
29
Base
Altura: 1,99m.
Data nacemento: 21/11/1999
57
Ala-pivot
Altura: 2,07m.
Data nacemento: 12/09/1999
Adestrador
Data nacemento: 25/05/1978
O noso sitio utiliza cookies.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de cookies y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en Política de cookies.
