Noticia

Éxito total do 3x3 USC-Obradoiro

O torneo 3x3 USC-Obradoiro ofreceu unha intensa xornada de baloncesto, con partidos moi disputados en ambas categorías, masculina e feminina. Os equipos demostraron un gran nivel e espírito competitivo, facendo de cada encontro un espectáculo de estratexia e velocidade.

Na categoría masculina, o equipo Dame un pico alzouse coa vitoria. Pola súa banda, na categoría feminina, o equipo Las Pilis proclamouse campión.

No concurso de triples, Nuno Iglesias coróase como campión, superando na final a Pilar Corredoira, destacando ambos pola súa precisión e consistencia desde a liña dos 6,75 metros.

O torneo contou co apoio da FEGABA, que facilitou os árbitros e o persoal necesario para o correcto desenvolvemento da competición, asegurando que todos os partidos se celebrasen segundo as normas e con total profesionalidade.

Celebrado no Multiúsos Fontes do Sar, o torneo reuniu a preto de 150 estudantes e persoal da Universidade de Santiago de Compostela, procedentes dos campus de Santiago e Lugo. A xornada combinou competición, diversión e compañeirismo, consolidando ao 3x3 USC-Obradoiro como unha cita anual de referencia dentro do calendario deportivo universitario, que fomenta a actividade física e o espírito de equipo entre toda a comunidade universitaria.

Categorías
Destacado