O escolta galego fíxose co premio MVP Estrella Galicia, que o acredita como o mellor xogador dos partidos disputados polo Monbus Obradoiro durante o mes de febreiro.
Os enfrontamentos ante Caja Rural CB Zamora, Hestia Menorca e Melilla Ciudad del Deporte deixaron tres candidatos propostos pola prensa local para facerse co galardón.
Finalmente, foron os afeccionados, a través das redes sociais, quen elixiron a Sergi Quintela como o mellor xogador do mes, cun 43,9 % dos votos. En segundo lugar situouse Micah Speight, cun 40,4 %, e na terceira posición quedou Alex Barcello, cun 15,7 %.
Durante o acto de entrega, o galego afirmou estar contento por recibir o trofeo e sinalou que, se ademais chega nun momento no que o equipo está a gañar, sabe aínda mellor. “Sempre que alguén che ratifica ese traballo, ese bo facer, é ben recibido, pero sobre todo cando hai bos resultados”.
Facendo un repaso do que vai de tempada, mencionou que “ao final os partidos clave conseguimos sacalos, pero tropezamos noutros por pensar máis alá. Entón imos cos pés na terra, partido a partido”.
O próximo rival do Monbus Obradoiro, tras a xornada de descanso e a xanela FIBA, será Flexicar Fuenlabrada. “Nestes días puidemos traballar cousas que igual non traballamos tanto no día a día por ter que preparar os partidos, pero a intensidade e o ritmo foron moi altos. Isto serviranos para ter recursos que nos poidan axudar nalgún momento de necesidade, cando un partido se poña un pouco máis costa arriba e precises probar cousas que non traballaches antes. Pero o máis importante é que non nos relaxamos nin baixamos o nivel competitivo, para que logo no primeiro partido non nos custe tanto”.
“Sabemos que vai ser un partido moi difícil. É unha pista moi complicada, teñen bos xogadores e un bo adestrador, por iso é importante estar centrados no sábado”.
1
Base
Altura: 1,78m.
Data nacemento: 26/06/1998
5
Ala-pivot
Altura: 2,03m.
Data nacemento: 21/09/1996
7
Pivot
Altura: 2,18m.
Data nacemento: 30/04/1998
8
Pivot
Altura: 2,10m.
Data nacemento: 26/02/1992
9
Base
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/06/1992
10
Base
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 24/01/2006
11
Pivot
Altura: 2,13m.
Data nacemento: 09/10/2025
16
Pivot
Altura: 2,06m.
Data nacemento: 26/11/2002
22
Ala-pivot
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 14/09/1994
23
Alerg
Altura: 1,96m.
Data nacemento: 15/04/1993
24
Alerg
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/04/1997
25
Escolta
Altura: 1,85m.
Data nacemento: 21/04/1996
28
Escolta
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 31/08/1998
29
Base
Altura: 1,99m.
Data nacemento: 21/11/1999
57
Ala-pivot
Altura: 2,07m.
Data nacemento: 12/09/1999
Adestrador
Data nacemento: 25/05/1978
O noso sitio utiliza cookies.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de cookies y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en Política de cookies.
