Noticia

Parte médico: Micah Speight

No adestramento celebrado onte, o xogador Micah Speight sufriu un traumatismo na man esquerda que, tras as probas médicas realizadas, derivou nunha fractura no cuarto metacarpiano.

O xogador permanecerá de baixa durante as próximas semanas, pendente da súa evolución para determinar o seu regreso á dinámica do equipo.

Desde o club deséxaselle unha pronta recuperación.

Categorías
Destacado