Noticia

O Monbus Obradoiro busca opcións para unificar aos obradoiristas que non se despracen ao derbi

O Monbus Obradoiro traballou desde primeira hora da mañá na posibilidade de instalar unha pantalla xigante no Multiúsos Fontes do Sar, dada a gran demanda de solicitudes por parte da afección para gozar do encontro de forma conxunta.

Non obstante, debido á coincidencia coa celebración do festival Jaleo no recinto, todas as xestións realizadas resultaron inviables, ao non existir dispoñibilidade técnica nin loxística para levar a cabo dita instalación.

Desde o club seguen buscando alternativas para que a afección que non poida desprazarse poida reunirse en Santiago e vivir o partido de forma conxunta.

O club agradece a comprensión dos seus seguidores e lamenta non poder ofrecer esta iniciativa.

Categorías