Noticia

Comunicado oficial

O baloncesto galego está máis vivo ca nunca, como quedou demostrado durante o encontro fronte ao Leyma Coruña, disputado nun ambiente de gran intensidade deportiva, respecto e paixón por parte de ambas afeccións. Este tipo de partidos deberían ser sempre unha auténtica festa do baloncesto, un punto de encontro para gozar do deporte na súa máxima expresión.

Lamentablemente, os incidentes ocorridos ao final do partido, nun contexto de máxima tensión e coas pulsacións propias da competición, non poden nin deben empañar o vivido durante o encontro. Non obstante, a emoción do momento en ningún caso pode servir como xustificación para este tipo de comportamentos.

O deporte debe ser sempre un exemplo de respecto, convivencia e deportividade, e o sucedido non representa os valores do baloncesto nin de ambos os clubs.

Este tipo de actitudes non poden nin deben converterse nun referente para os numerosos nenos e nenas que acoden aos pavillóns a gozar dos partidos, e que deben atopar no baloncesto un modelo positivo de comportamento dentro e fóra da pista.

O Monbus Obradoiro mantivo, mantén e manterá sempre unha magnífica relación co club e con todo o persoal que integra o Leyma Coruña. Por unha banda, a competición; e pola outra, as relacións existentes entre ambas entidades, que se fundamentan no respecto mutuo e na colaboración permanente fóra da pista.

Categorías