Remata unha tempada para o recordo, a 2025-26, na que un grupo de xogadores, adestradores e profesionais conseguiu devolver o Monbus Obradoiro á Liga Endesa, escribindo unha páxina imborrable na historia do noso club.
Hoxe queremos deternos para dar as grazas a todos os que formaron parte deste camiño.
Grazas a Tra Holder, Micah Speight, Denzel Andersson, Felipe Dos Anjos, Goran Huskić, Leo Westermann, Alonso Grela, Dejan Kravić, Aitor Etxeguren, Travis Munnings, Yunio Barrueta, Diogo Brito, Sergi Quintela, Álex Barcello, Olle Lundqvist e Alejandro Galán.
O noso recoñecemento tamén para Diego Epifanio e todo o seu corpo técnico, que co seu traballo diario fixeron posible acadar o obxectivo do ascenso.
E moi especialmente, grazas á nosa afección, que unha vez máis demostrou estar ao lado do equipo en todo momento, convertendo cada partido na casa nun impulso e acompañando tamén ao equipo lonxe de Santiago. O seu apoio incondicional foi unha peza fundamental neste camiño cara ao ascenso.
A quen emprende agora un novo camiño, desexámoslles a maior das sortes tanto no profesional como no persoal. Grazas pola vosa entrega, polo voso compromiso e por ter contribuído a devolver o Obradoiro ao lugar que merece. Este club sempre será a vosa casa e o voso nome quedará ligado para sempre a un ascenso inesquecible.
E a quen continúa a vestir as nosas cores —Yunio Barrueta, Álex Barcello, Diogo Brito, Alejandro Galán, Sergi Quintela, Felipe Dos Anjos e Olle Lundqvist— dámosvos a benvida a unha nova etapa. Sobre os alicerces construídos a pasada tempada seguiremos traballando coa mesma ilusión, o mesmo compromiso e a ambición de seguir medrando xunto á nosa afección.
Con este peche, o club xa dá o pistoletazo de saída á tempada 2026-27, coa mirada posta en seguir medrando e escribindo novas páxinas na nosa historia.
A nosa nova historia.
1
Base
Altura: 1,78m.
Data nacemento: 26/06/1998
5
Ala-pivot
Altura: 2,03m.
Data nacemento: 21/09/1996
7
Pivot
Altura: 2,18m.
Data nacemento: 30/04/1998
8
Pivot
Altura: 2,10m.
Data nacemento: 26/02/1992
9
Base
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/06/1992
10
Base
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 24/01/2006
16
Pivot
Altura: 2,06m.
Data nacemento: 26/11/2002
23
Alerg
Altura: 1,96m.
Data nacemento: 15/04/1993
24
Alerg
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/04/1997
25
Escolta
Altura: 1,85m.
Data nacemento: 21/04/1996
28
Escolta
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 31/08/1998
29
Base
Altura: 1,99m.
Data nacemento: 21/11/1999
57
Ala-pivot
Altura: 2,07m.
Data nacemento: 12/09/1999
Adestrador
Data nacemento: 25/05/1978
O noso sitio utiliza cookies.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de cookies y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en Política de cookies.