Noticia

Travis Munnings incorpórase ao Monbus Obradoiro

Munnings xogou durante a primeira metade da tempada en Coviran Granada, chegando a debutar na Liga Endesa cun promedio de 12,3 minutos por partido. Ademais, coñece ben a competición española, xa que a pasada campaña militou en Flexicar Fuenlabrada, chegando á final da Final Four de ascenso á ACB. Na tempada 24/25 en Primeira FEB promedió 8,9 puntos, 4,3 rebotes e 1,6 asistencias por partido.

Antes da súa chegada a España, o bahameño desenvolveu a súa carreira en equipos como Louisiana-Monroe Warhawks, La Rochelle, U.D. Oliveirense, SL Benfica, Boulazac e Pau-Lacq-Orthez.

O xogador xa se atopa en Santiago de Compostela, onde proximamente pasará o recoñecemento médico e incorporarase aos adestramentos co resto do equipo.

O director xeral do club, Héctor Galán, móstrase satisfeito con esta incorporación. “Contentos coa incorporación de Travis Munnings. É un alero versátil que pode ocupar as posicións de 3 e 4, con experiencia na liga e un perfil físico que nos vai achegar enerxía tanto en defensa como no rebote. O seu coñecemento táctico e capacidade para ler o xogo complétanse á perfección co noso estilo de xogo”.

Categorías
Destacado