Noticia

Parte médico: Micah Speight

O xogador Micah Speight sufriu o pasado venres, durante a sesión de adestramento, un accidente muscular que lle provocou unha microrrotura no vasto medial do cuádriceps esquerdo.

O xogador xa comezou o correspondente proceso de recuperación baixo a supervisión dos servizos médicos do club.

A evolución da lesión marcará os prazos para o seu regreso á dinámica do equipo.

Categorías
Destacado