Noticia

Tra Holder, nova incorporación do Monbus Obradoiro

Holder (1,85 m, 30 anos) conta cunha ampla traxectoria internacional, con experiencia en competicións de primeiro nivel en Europa e Estados Unidos. Formado en Arizona State (NCAA), o novo xogador obradoirista defendeu as camisetas de Skyliners Frankfurt e BG Göttingen en Alemaña, MKS Dąbrowa Górnicza en Polonia e Jämtland Basket en Suecia. Ademais, competiu na G League en equipos como Birmingham Squadron, Capitanes CDMX e Westchester Knicks.

Na súa última etapa no BG Göttingen, promediu 15,4 puntos, 1,9 rebotes e 3,6 asistencias en 29 encontros na easyCredit BBL alemá.

O director xeral do club, Héctor Galán, explicou que a incorporación prodúcese “nun momento complicado pola altura da tempada, a proximidade do peche do mercado e a lesión de Micah”.

Galán agradeceu a predisposición tanto do xogador como do seu axente ao pechar o acordo e destacou que “chega para sumarse a un equipo cunha dinámica de traballo moi definida e co obxectivo de seguir sendo competitivos nun momento clave da tempada”. Así mesmo, sinalou que Holder “achegará experiencia, capacidade anotadora e dirección de xogo, cubrindo a baixa provocada pola lesión de Micah”.


Categorías
Destacado