
Achegase o comezo da tempada e con el chega o momento de coñecer cales serán as cores que representen ao equipo. O branco volverá ser a cor principal e o cambio chega coa segunda equipación, que pasa a ser azul mariño.
Seguindo a liña de cores tradicionais do equipo, o Monbus Obradoiro terá como cor principal o branco, que o acompaña durante as últimas tempadas, aínda que sempre hai detalles que a diferencian ano tras ano.
Para esta tempada, a parte frontal incorpora a palabra ‘Obradoiro’ en forma arqueada e de cor vermella, que lle dá un toque moderno ao tempo que continúa coa tradición das camisolas antigas do club, como sucedía coa edición especial do curso pasado que facía alusión á tempada 82-83.
Ademais, a curvatura está inspirada nos arcos e ventás da fachada da Catedral vistos desde a Praza do Obradoiro. Dita fachada tamén inspira as seis franxas vermellas da parte frontal e traseira da camisola, abstraendo as formas das dúas torres e do corpo central da Catedral.
Tanto o número como o nome quedarán en cor azul mariño.
A segunda equipación será de cor azul mariño, con detalles en vermello e co nome e número en cor branca.
Ambas equipacións teñen o colo en forma de pico, con raias branca, azul e vermella, cores que sempre representaron ao equipo compostelán.
Geff seguirá sendo provedor oficial da roupa do Monbus Obradoiro esta tempada. A empresa que xa proporcionaba a roupa ao conxunto compostelán renova así o seu compromiso coa entidade.
Na parte frontal de ambas equipacións estará presente o logotipo de Estrella Galicia, un dos patrocinadores principais. Sobre o logotipo da Federación Española manterase a presenza de Cortizo, mentres que Abanca continuará aparecendo na parte traseira, debaixo do dorsal. Debaixo do nome de cada xogador seguirá Indupanel e, como novidade, incorporarase Vayper.
Próximamente, polos nosos canles oficiais, anunciarase como e onde adquirir as camisolas que vestirán os nosos xogadores durante a tempada 25/26.
Desde o Obradoiro CAB queremos agradecer á Fundación Down Compostela a súa dispoñibilidade para realizar a campaña de presentación da primeira e segunda equipación. Dar visibilidade ao seu colectivo é para nós un orgullo.
5
Ala-pivot
Altura: 2,03m.
Data nacemento: 21/09/1996
7
Pivot
Altura: 2,18m.
Data nacemento: 30/04/1998
8
Pivot
Altura: 2,10m.
Data nacemento: 26/02/1992
9
Base
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/06/1992
10
Base
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 24/01/2006
16
Pivot
Altura: 2,06m.
Data nacemento: 26/11/2002
23
Alerg
Altura: 1,96m.
Data nacemento: 15/04/1993
24
Alerg
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/04/1997
25
Escolta
Altura: 1,85m.
Data nacemento: 21/04/1996
28
Escolta
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 31/08/1998
29
Base
Altura: 1,99m.
Data nacemento: 21/11/1999
57
Ala-pivot
Altura: 2,07m.
Data nacemento: 12/09/1999
Entrenador
Data nacemento: 25/05/1978
Nuestro sitio utiliza cookies.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de cookies y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en Política de cookies.