Cuarta xornada da Primeira FEB disputada no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela. O Monbus Obradoiro recibía na tarde do sábado 18 de outubro ao Melilla Cidade do Deporte.
O conxunto compostelán comezou o partido a bo ritmo, acadando un parcial de 5-0, pero dous erros no tiro daban a posibilidade aos melillenses de darlle a volta ao marcador (5-7). Pasado o ecuador do período os locais conseguían impor a súa lei e, deixando estático o casilleiro visitante, lograban dobrar a puntuación rival (14-7). Tras iso semellaba que ambos equipos cambiaran os seus papeis e Melilla Cidade do Deporte conseguía reducir a diferenza a tan só 1 punto (14-13).
Quedando dous minutos de xogo, aparecía Sergi Quintela para devolver a tranquilidade ás bancadas de Sar. Dúas penetracións súas na pintura sumadas a un triplo de Yunio Barrueta poñían ao Monbus Obradoiro en +8 (21-13). O primeiro cuarto finalizaba cos visitantes recortando distancias (21-16).
Ambos conxuntos anotaban practicamente á par tras a charla técnica, cinco puntos para cada un e catro para outro (26-20). Non caerían moitos máis puntos nos seguintes minutos, chegando aos últimos tres minutos e medio cun parcial de 9-9 (30-25). Quintela e Brito aproveitarían dúas ofensivas seguidas para aumentar a vantaxe “picheleira” e poñer o 35-25. A 30 segundos do final, Diogo Brito cun 2+1 daba a maior vantaxe ata o momento para os de Diego Epifanio, +11. O partido iríase ao descanso cun resultado positivo para os locais (39-32).
Coa volta á cancha o Monbus Obradoiro saía moi esperto e cun gran Felipe dos Anjos, que metía todo o que tocaba e ao que semellaban choverlle os rebotes, lograba unha moi boa vantaxe de +15 (53-38). Yunio Barrueta desde a liña de 6,75 daba aos composteláns unha vantaxe de 20 que lles daría moita comodidade de cara ao final do partido. O terceiro cuarto remataría cun 63-41.
O último período comezaría con máis forza do lado galego que por momentos estivo preto de ampliar a diferenza a 30 puntos. Con tres minutos para finalizar o partido, o resultado mostraba unha desvantaxe practicamente imposible de salvar por parte de Melilla Cidade do Deporte (75-50). O partido remataba cun 79-59 que daba ao Monbus Obradoiro a primeira vitoria como local na presente tempada.
Ficha Técnica
79 — Monbus Obradoiro: Rodrigo Díaz (0), Denzel Andersson (3), Felipe dos Anjos (17), Leo Westermann (11), Alonso Grela (0), Dejan Kravic (0), Aitor Etxeguren (2), Yunio Barrueta (12), Diogo Brito (9), Sergi Quintela (7), Alex Barcello (6), Alejandro Galán (12).
59 — Melilla Cidade do Deporte: Jeffrey Godspower (0), Darel Poirier (9), Stefan Peno (0), Mustapha Heron (18), Pablo Córdoba (7), Pavlo Krutous (0), Ludgy Debaut (0), Christian Díaz (4), Roberts Stumbries (8), Morgan Stilma (7), Javi García (6).
Cuartos: 21-16, 39-32, 63-41, 79-59.
Árbitros: Ángel Antonio Albacete Chamon, José Carlos Sierra Carrillo, Alejandro López Lecuona.
Incidencias: Partido correspondente á cuarta xornada da Primeira FEB disputada no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela ante 3.810 espectadores.
5
Ala-pivot
Altura: 2,03m.
Data nacemento: 21/09/1996
7
Pivot
Altura: 2,18m.
Data nacemento: 30/04/1998
8
Pivot
Altura: 2,10m.
Data nacemento: 26/02/1992
9
Base
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/06/1992
10
Base
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 24/01/2006
16
Pivot
Altura: 2,06m.
Data nacemento: 26/11/2002
23
Alerg
Altura: 1,96m.
Data nacemento: 15/04/1993
24
Alerg
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/04/1997
25
Escolta
Altura: 1,85m.
Data nacemento: 21/04/1996
28
Escolta
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 31/08/1998
29
Base
Altura: 1,99m.
Data nacemento: 21/11/1999
57
Ala-pivot
Altura: 2,07m.
Data nacemento: 12/09/1999
Entrenador
Data nacemento: 25/05/1978
Nuestro sitio utiliza cookies.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de cookies y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en Política de cookies.
