Noticia

Alex Barcello, primeiro MVP Estrella Galicia da tempada

Os enfrontamentos ante Grupo Alega Cantabria, Inveready Gipuzkoa Basket, Melilla Ciudad del Deporte, Movistar Estudiantes en liga e Alimerka Oviedo na Copa España deixaron tres candidatos propostos pola prensa local para optar ao galardón.

Finalmente, foron os afeccionados, a través das redes sociais, quen escolleron a Alex Barcello como o mellor xogador do mes, cun 37,1 % dos votos. En segundo lugar situouse Felipe dos Anjos, cun 31,8 %, e terceiro foi Leo Westermann, cun 31,1 %.

Alex Barcello amosouse satisfeito por recibir o premio que o acredita como o mellor xogador do mes de outubro, e declarou:
“É certo que non comezamos ben a tempada, pero creo que agora temos un bo ritmo. Debemos seguir adiante porque todos sabemos o talentosos que somos”.

Con respecto ao estado actual do equipo, tras as tres vitorias consecutivas a domicilio, sinalou:
“Non foron os partidos máis bonitos, pero gañamos, e iso é o que importa. Creo que fomos gañando confianza pouco a pouco. Non só fronte ao Movistar Estudiantes, senón tamén nas vitorias ante Melilla, Gipuzkoa e Oviedo. Gañar contra un equipo chamado a estar na parte alta da táboa é unha gran nova e algo que o equipo precisaba”.

Destacado