Noticia

O Monbus Obradoiro non consegue vencer no seu estreo ligueiro

O primeiro en inaugurar o marcador foi Goran Huskic, o que deu unha vantaxe momentánea ao conxunto galego. Porén, os baleares reaccionaron axiña, lograron darlle a volta ao tanteo e dominaron a maior parte do primeiro cuarto.

Tras unha falta antideportiva sinalada a Sergi Quintela no medio campo, os visitantes recortaron unha desvantaxe de seis puntos (10-4) ata situarse por diante a falta de cinco minutos (10-12). Menorca pediu entón un tempo morto, que resultou efectivo: non só freou a reacción rival, senón que permitiu aos locais recuperar a iniciativa e pechar o primeiro período cun 23-19.

Na reanudación, o Hestia Menorca saíu en tromba e, con dous triplos consecutivos de Cone, abriu unha fenda de +11 (30-19). A lesión de Huskic desestabilizou aos composteláns, circunstancia que aproveitaron os locais para ampliar a diferenza ata os 18 puntos (44-26) a falta de tres minutos e medio para o descanso. Un tempo morto de Epi permitiu aos obradoiristas reducir minimamente a desvantaxe, aínda que un tiro sobre a bucina deixou o 52-40 no intermedio.

O inicio do terceiro cuarto trouxo a reacción visitante, cun triplo de Yunio Barrueta que iniciou un parcial favorable e situou ao Obradoiro a só cinco puntos (54-49). Non obstante, o acerto ofensivo dos baleares sostivo a súa renda e devolveulles unha vantaxe de dez (60-50). A partir de aí, o intercambio de canastras mantivo a diferenza arredor deses marxes, ata que o terceiro período concluíu cun 74-61 que complicaba seriamente as opcións galegas.

No último cuarto, os composteláns comezaron fortes e en apenas minuto e medio reduciron a diferenza a nove (74-65). O conxunto de Epi tivo incluso opcións de meter presión ao rival ao colocarse a cinco puntos, pero Menorca mantivo a calma. Con catro minutos por xogar, o marcador sinalaba un 81-73, antes de que o acerto desde o triplo dos locais acabara por sentenciar o duelo. Finalmente, o Hestia Menorca impúxose con claridade por 97-77.


Ficha Técnica

 

97 – Hestia Menorca: Vicedo Ayala (14), Jalen Cone (15), Izan Pons (0), Nico Galete (2), Pol Figueras (7), Fynn Schott (3), Spencer Littleson (17), Jaume Lobo (22), Pol Molins (0), Enmanuel Wembi (1), Adams Sola (10), Víctor Arteaga (6).

 

77 - Monbus Obradoiro: Rodrigo Díaz (0), Denzel Andersson (4), Felipe dos Anjos (9), Goran Huskic (5), Leo Westermann (13), Alonso Grela (0), Aitor Etxeguren (10), Yunio Barrueta (10), Diogo Brito (5), Alex Barcello (12), Alejandro Galán (0).

 

Cuartos: 23-19, 52-40, 74-61, 97-77.

 

Árbitros: Carlos Javier García León, Pablo Rodríguez Fernández, José Javier Marqueta Gracia.

 

Incidencias: Partido correspondiente a la primera jornada de Primera FEB disputada en el Pavelló de Menorca.


Destacado