Noticia

Parte médico: Goran Huskic

O xogador Goran Huskic sufriu unha lesión articular na rodilla esquerda durante o partido correspondente á primeira xornada da Primeira FEB fronte a Hestia Menorca. As probas médicas confirmaron a rotura do ligamento cruzado anterior, así como unha lesión no menisco medial, o que requerirá intervención cirúrxica. Nos próximos días ofrecerase información detallada sobre o proceso de recuperación que seguirá o xogador.

Desde o club loitaremos e apoiaremos a Goran na súa total recuperación. Con forza e paciencia, poderemos velo de novo na pista canto antes.

Moito ánimo, Goran!



Destacado