Co balón en xogo, o equipo local foi o primeiro en adiantarse no marcador dende a liña de 6,75. A pesar de que o Monbus Obradoiro conseguiu igualar a contenda, o bo xogo ofensivo do Inveready Gipuzkoa Basket permitiulles poñerse 9-3. Antes do ecuador do primeiro cuarto, Alex Barcello recurtou diferenzas con dous triplas, aínda que os composteláns seguían tres puntos por debaixo (12-9).
A falta de tres minutos e medio para o final do período, Denzel Andersson culminou unha boa xogada ofensiva que devolveu o empate a 14. Ambos conxuntos mantivéronse moi parellos durante os últimos segundos. Os donostiarras, dende a liña de tiros libres, situáronse +3, pero Diogo Brito, con moita calma, anotou un triplo sobre a bucina para pechar o primeiro cuarto con táboas (20-20).
O segundo asalto comezou con pouco acerto por parte de ambos equipos. O Gipuzkoa Basket volveu poñerse por diante, acadando un +4, pero unha penetración de Sergi Quintela, seguida de dous tiros libres e un triplo de Barcello, colocaron ao Monbus Obradoiro por primeira vez arriba no marcador (26-27). Non obstante, os locais reaccionaron axiña e aproveitaron os erros visitantes para recuperar a vantaxe, aínda que sen conseguir distanciarse en exceso.
A un minuto e medio do descanso, Leo Westermann volveu empatar o encontro, pero os donostiarras responderon cun triplo e unha bandeixa sobre a bucina para marchar ao vestiario con +5 (41-36).
Na reanudación, os locais golpearon primeiro cun triplo que lles deu a súa máxima vantaxe ata o momento (+8, 44-36). A metade do terceiro cuarto o parcial era de 6-9, insuficiente para os galegos. Unha boa defensa permitiu que Westermann asistise a Andersson, quen anotou dende o triplo para poñer o 47-45 favorable aos composteláns.
A pesar do arreón visitante, o conxunto vasco evitou quedarse atrás, aínda que sen lograr unha diferenza que lle dese tranquilidade. A falta de dous minutos, Diogo Brito devolvía a vantaxe momentánea ao Obradoiro (53-54). Os galegos chegaron a situarse por diante, pero un novo acerto sobre a bucina permitiu ao Gipuzkoa Basket rematar o período con vantaxe (56-54).
No último cuarto, os donostiarras volveron golpear primeiro e situáronse +4. Ningún dos dous equipos baixou os brazos e, con sete minutos por xogar, o marcador seguía moi axustado (60-59). Nun tramo de máxima igualdade, un triplo de Westermann, tras un roubo de balón nun saque precipitado dos locais, deu vantaxe aos galegos (68-71). Pouco despois, Felipe Dos Anjos ampliou a renda cun 2+1 que puxo o 68-74.
A dous minutos do final, o marcador reflectía empate a 74. Foi entón cando Alex Barcello se botou o equipo ás costas e, con cinco puntos consecutivos, deu aire aos seus (74-79). A un minuto do final a diferenza mantiñase, pero sobre a bucina Nacho Varela anotou dende a pintura para forzar a prórroga.
No tempo extra, ambos equipos tanteáronse durante os primeiros compases. A igualdade mantívose ata o final, e a pouco máis dun minuto o marcador mostraba un 92-92. Nun final de auténtico infarto, o Monbus Obradoiro logrou imporse por 95-96, conseguindo así a primeira vitoria da tempada.
">Ficha Técnica
95 – Inveready Gipuzkoa Basket: Tanos Ngom (9), Lance Terry (16), Ondrej Hanzlik (6), Aitor Zubizarreta (7), Mikel Motos (4), Manex Ansorregi (8), Gaizka Maiza (0), Javier Nicolau (15), Tyler Mcghie (7), Giorgi Korsantia (12), Nacho Varela (11), Ignacio Rosa (0).
96 - Monbus Obradoiro: Yanick Pinas (0), Rodrigo Díaz (0), Denzel Andersson (14), Felipe dos Anjos (22), Leo Westermann (19), Alonso Grela (3), Aitor Etxeguren (2), Yunio Barrueta (5), Diogo Brito (6), Sergi Quintela (4), Alex Barcello (21), Alejandro Galán (0).
Cuartos: 20-20, 41-36, 56-54, 81-81, 95-96.
Árbitros: Francisco José Zafra Guerra, José Marcos Martinez Prada, Miquel Remisa Tramuns.
Incidencias: Partido correspondente á terceira xornada da Primeira FEB, disputado no Amenabar Arena de San Sebastián.
1
Base
Altura: 1,78m.
Data nacemento: 26/06/1998
5
Ala-pivot
Altura: 2,03m.
Data nacemento: 21/09/1996
7
Pivot
Altura: 2,18m.
Data nacemento: 30/04/1998
8
Pivot
Altura: 2,10m.
Data nacemento: 26/02/1992
9
Base
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/06/1992
10
Base
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 24/01/2006
11
Pivot
Altura: 2,13m.
Data nacemento: 09/10/2025
16
Pivot
Altura: 2,06m.
Data nacemento: 26/11/2002
23
Alerg
Altura: 1,96m.
Data nacemento: 15/04/1993
24
Alerg
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/04/1997
25
Escolta
Altura: 1,85m.
Data nacemento: 21/04/1996
28
Escolta
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 31/08/1998
29
Base
Altura: 1,99m.
Data nacemento: 21/11/1999
57
Ala-pivot
Altura: 2,07m.
Data nacemento: 12/09/1999
Adestrador
Data nacemento: 25/05/1978
O noso sitio utiliza cookies.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de cookies y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en Política de cookies.
