Crónica

O Obradoiro U22 pecha a primeira volta con derrota en Bilbao.


O Obradoiro U22 atopou as primeiras vantaxes sacando proveito dos tiros libres ante un Euskaltax Bilbao Basket que axiña se cargou de faltas mentres desaproveitaba as súas primeiras oportunidades desde o perímetro (4-10). Aínda que as perdas de balón e as concesións no rebote apenas parecían afectar ao marcador, unha tripla de Julen Gascón sobre a bucina deixou o primeiro período nun axustado 16-18.


Á volta dos vestiarios, Martín Guerreiro viuse obrigado a pedir tempo morto tras a mellor serie anotadora dos locais ata o momento (24-18). O Obradoiro conseguiu, pouco a pouco, volver ao partido e restablecer a igualdade ao final da primeira metade (37-37).


Un parcial de 5-0 de Birgen Errasti abriu os primeiros compases do terceiro cuarto, ao que o Obradoiro puido responder tras o tempo morto. Porén, as perdas de balón e as faltas dos xogadores interiores foron lastrando os santiagueses mentres o Bilbao Basket vivía os seus mellores minutos (53-41).


A intensidade defensiva e o acerto dos de Mikel Torre deixaron sen argumentos un Obradoiro que non lograba impoñerse nin recortar distancias, deixando o marcador final nun 79-63 favorable aos locais.


">Ficha técnica


79 – Euskaltax Bilbao Basket: J. Ochoa* (5), A. Sardui (6), J. Gascon (4), O. Ibarrola (12), G. Bravo (0), A. Alaña* (4), U. Madariaga* (13), I. Montero (16), J. Frías (0), H. Mateo Bernardó* (2), B. Errasti* (17), A. Mintegui (0).


63 – Obradoiro U22: M. Cambón* (9), P. Rodríguez (3), Á. Soneira* (11), P. Baddini (6), L. Riga (12), M. González* (11), H. Sánchez (3), M. Rodríguez (0), M. Badji* (8), H. Mateo (0), I. Butenko (0).


Cuartos: 16-18, 37-37 // 60-48, 79-63.


Árbitros: Juan Antonio Expósito Ruf, Daniel Cotta Ávila, Álvaro García Acosta.


Incidencias: Partido correspondente á sétima xornada da Liga U disputado no Polideportivo de Artxanda (Bilbao).