Noticia

O Monbus Obradoiro e Gadis celebran o 13º Partido Solidario

A iniciativa ten como clave que, por cada punto que se anote durante o encontro, Gadis doará 5 quilos de alimentos non perecedeiros. Toda a recadación entregarase ao Albergue Xoán XXIII, que desenvolve unha labor fundamental atendendo a persoas sen fogar e outros colectivos desfavorecidos.

Promoción para asistir ao partido

Ata o venres 16 de xaneiro, os clientes dos supermercados Gadis de Santiago, Meixonfrío, Negreira, Cacheiras, Ordes, Padrón, Bertamiráns e Teo que realicen compras superiores a 40 € recibirán un vale cun código que permitirá adquirir ata catro entradas a 10 € cada unha, ata completar aforo.

As entradas tamén se poden adquirir na web do Monbus Obradoiro CAB, introducindo o código do ticket antes de proceder ao pago, ou directamente nas oficinas do club.

Máis dunha década de solidariedade

Dende a súa primeira edición, o Partido Solidario permitiu doar máis de 7.500 quilos de alimentos a colectivos desfavorecidos de Santiago. Con esta iniciativa, o Monbus Obradoiro e Gadis reforzan o seu compromiso coa solidariedade e poñen en valor a importancia do deporte como motor de vida saudable e de valores positivos.

Categorías
Destacado