Noticia

Viaxa a Torrelavega para animar ao Monbus Obradoiro

O Monbus Obradoiro afronta tres auténticas finais por diante, dúas en Santiago e unha a domicilio. Este último compromiso fóra da casa levará ao equipo a Torrelavega, onde se enfrontará ao Grupo Alega Cantabria no encontro correspondente á xornada 33 da Primeira FEB.

Conscientes da importancia do apoio da afección neste treito decisivo, o club fai un chamamento aos seus seguidores para que acompañen ao equipo tanto na casa como fóra. Neste sentido, o Monbus Obradoiro organiza unha viaxe en autobús para facilitar o desprazamento dos afeccionados ata o pavillón Vicente Trueba de Torrelavega para vivir a penúltima xornada ligueira.

Os autobuses sairán o sábado 2 de maio desde o Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro ás 11:00 horas. O regreso realizarase ao remate do partido, con chegada ao mesmo punto de saída. A viaxe poderá adquirirse na web oficial do Monbus Obradoiro e terá un prezo de 5 euros por persoa. A viaxe en autobús poderá adquirirse ata o mércores 29 de abril ás 11:00 horas.

Entradas para o partido

No que respecta ás entradas para o encontro, os afeccionados que desexen asistir ao partido deberán adquirilas directamente a través da web oficial do Grupo Alega Cantabria. Desde o club anímase aos seguidores obradoiristas a situarse no Fondo, Zona C Central Visitante ou nas localidades máis próximas, co obxectivo de tinguir Torrelavega de branco. O prezo das entradas nesta zona é de 25 euros para adultos e 12 euros para mozos.

Categorías