Ser cada día máis picheleiro significa tamén formar parte activa da sociedade compostelá e desenvolver proxectos que xeren un impacto máis aló da competición. Con esa filosofía nace unha nova iniciativa que supón un paso adiante no compromiso do club coa inclusión: a creación dun equipo de baloncesto para persoas con discapacidade intelectual.
A posta en marcha deste proxecto é o resultado de varias semanas de traballo xunto a diferentes organismos e entidades especializadas, entre elas a Federación Española de Deportes para Persoas con Discapacidade Intelectual, a Federación Galega de Deporte Adaptado e a Fundación ACB. O obxectivo foi coñecer os procedementos necesarios para a creación do equipo e facilitar a súa futura integración nas competicións oficiais.
Tras este proceso de análise, o club considera que existen as condicións necesarias para iniciar o proxecto, que ademais contará coa colaboración de entidades como ASPAS. A súa experiencia e o acompañamento de profesionais especializados serán fundamentais no desenvolvemento da actividade diaria do equipo.
O primeiro paso será a captación de participantes. Para iso, desde hoxe queda aberto o período de inscrición a través da páxina web oficial, no apartado de Canteira e, dentro del, na sección Equipo Inclusivo, onde as persoas interesadas poderán completar o formulario habilitado.
Como requisito para participar neste proceso será necesario acreditar un grao de discapacidade intelectual igual ou superior ao 33 % mediante a correspondente certificación médica.
Esta inscrición non suporá a incorporación automática ao equipo, senón que permitirá coñecer o número real de persoas interesadas e valorar a viabilidade definitiva do proxecto antes da súa posta en marcha.
A intención da entidade é que esta nova sección poida formar parte das competicións autonómicas e nacionais de deporte adaptado, así como da Copa de Campións organizada pola Fundación ACB.
Unha vez conclúa esta primeira fase, todas as persoas inscritas recibirán información sobre os seguintes pasos do proxecto e poderán confirmar a súa participación cando se concrete a creación definitiva do equipo.
Con esta iniciativa, o Monbus Obradoiro continúa ampliando o seu labor social e reafirma a súa vontade de facer do baloncesto unha ferramenta de inclusión, igualdade de oportunidades e integración para toda a comunidade.
1
Base
Altura: 1,78m.
Data nacemento: 26/06/1998
5
Ala-pivot
Altura: 2,03m.
Data nacemento: 21/09/1996
7
Pivot
Altura: 2,18m.
Data nacemento: 30/04/1998
8
Pivot
Altura: 2,10m.
Data nacemento: 26/02/1992
9
Base
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/06/1992
10
Base
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 24/01/2006
16
Pivot
Altura: 2,06m.
Data nacemento: 26/11/2002
23
Alerg
Altura: 1,96m.
Data nacemento: 15/04/1993
24
Alerg
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/04/1997
25
Escolta
Altura: 1,85m.
Data nacemento: 21/04/1996
28
Escolta
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 31/08/1998
29
Base
Altura: 1,99m.
Data nacemento: 21/11/1999
57
Ala-pivot
Altura: 2,07m.
Data nacemento: 12/09/1999
Adestrador
Data nacemento: 25/05/1978
O noso sitio utiliza cookies.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de cookies y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en Política de cookies.