Fichaxe

Efe Abogidi chega ao Monbus Obradoiro

O Monbus Obradoiro pecha o seu cadro de xogadores coa incorporación de Efe Abogidi. O xogador interior chega tras completar a súa etapa nos Rio Grande Valley Vipers, equipo da NBA G League, onde continuou medrando como un dos interiores con maior proxección da competición. Durante a última tempada demostrou a súa capacidade para achegar en ambos os dous lados da pista, combinando presenza física, rebote, intimidación e mobilidade para defender diferentes perfís de xogadores. Antes de iniciar a súa carreira profesional, o xogador nixeriano formouse na NBA Academy Africa e na NBA Global Academy de Australia, un percorrido que lle abriu as portas do baloncesto universitario estadounidense con Washington State, onde continuou desenvolvendo un perfil de interior moderno grazas ás súas calidades atléticas e á súa evolución técnica.Con esta incorporación, o Monbus Obradoiro engade ao seu cadro de xogadores un xogador con marxe de crecemento, experiencia nun contorno de máxima esixencia como a NBA G League e un perfil que achegará solidez, enerxía e versatilidade ao xogo interior do equipo.Benvido a Santiago, Efe! Estamos desexando verte en Sar.
Destacado