Actualidad

Michael Caicedo vincúlase ao Monbus Obradoiro para a pretempada

O Monbus Obradoiro chegou a un acordo con Michael Caicedo para que o aleiro español se incorpore desde xa á dinámica do equipo dirixido por Diego Epifanio.

O acordo, dun mes de duración, ten como obxectivo reforzar os adestramentos e axudar o equipo na súa preparación para o inicio da competición, previsto para o 26 de setembro.

A incorporación de Caicedo coincide coa xanela FIBA de finais de agosto, durante a que o técnico obradoirista non poderá contar con Diogo Brito, Efe Abogidi, Joel Soriano, Leo Meindl e Caleb Agada, convocados polas súas respectivas seleccións.

Destacado