O Monbus Obradoiro incorpora a Diogo Brito

O xogador conta cunha sólida traxectoria no baloncesto español. Tras a súa etapa universitaria nos Utah State Aggies, debutou en España co Ourense na antiga LEB Ouro. Na tempada 2021-22 uniuse ao CB Morón, onde asinou unha destacada actuación que lle valeu o seu fichaxe polo Hiopos Lleida. Co conxunto catalán logrou o ascenso á Liga Endesa na campaña 2023-24. Ese mesmo verán regresou a Ourense, onde volveu ser unha das pezas clave do equipo.

Durante a última tempada, Brito disputou 34 encontros con uns promedios de 11,8 puntos, 5,3 rebotes e 3,6 asistencias por partido, consolidándose como un dos xogadores máis destacados do seu equipo.

O técnico obradoirista afirma que Diogo é un “xogador que tivo moito impacto nos equipos nos que estivo. Gran coñecedor da competición. Nas últimas tempadas amosou un gran nivel na liga. Pode xogar nas posicións de 2 e de 3, xa que é un bo finalizador nos primeiros segundos da posesión e, ademais, ten unha gran lectura do xogo sen balón e capacidade para lanzar de tres puntos”.

Desde o Monbus Obradoiro, tanto o corpo técnico como a dirección deportiva deséxanlle unha rápida adaptación á súa nova casa para que poida achegar todo o seu potencial canto antes.

Destacado