Noticia

Parte médico: Goran Huskic

A operación foi realizada polos doutores Miguel Hermida e Sergio Abilleira no Hospital HM A Esperanza de Santiago de Compostela, cun resultado óptimo.

Nos próximos días, Huskic iniciará o proceso de rehabilitación baixo a supervisión dos servizos médicos do Club, co obxectivo de avanzar de maneira progresiva na súa recuperación.

Desde o Club queremos trasladarlle todo o noso apoio e ánimo a Goran, desexándolle unha pronta e satisfactoria recuperación.

Destacado