Noticia

Next Radar e Monbus Obradoiro irán da man a próxima tempada

Con este acordo, o Monbus Obradoiro convértese no primeiro club europeo que confía nos servizos de Next Radar Basketball dentro da súa nova liña de traballo en Europa, reforzando así a área de análise e scouting da entidade obradoirista.

Next Radar Basketball continúa deste xeito consolidando o seu crecemento internacional e ampliando unha carteira de clientes de máximo nivel, encabezada polos New York Knicks da NBA.

Desde a compañía destacaron a importancia desta alianza cunha entidade histórica e referente do baloncesto español como o Monbus Obradoiro, subliñando que supón “un impulso enorme” para o seu proxecto, a súa metodoloxía e a súa visión do scouting moderno.

Pola súa banda, o Monbus Obradoiro valora positivamente a incorporación de ferramentas e metodoloxías innovadoras que permitan seguir fortalecendo a estrutura deportiva do club de cara ao regreso á ACB.

Ambas entidades afrontan esta colaboración con ilusión, ambición e a vontade de construír conxuntamente un proxecto sólido e competitivo no baloncesto europeo.

Categorías