Noticia

Ampliación do aforo para o derbi fronte a Cloud.gal Ourense Baloncesto

En concreto, ampliarase a bancada de Fondo 2, como xa sucedeu no derbi fronte a Leyma Coruña, o que permitirá poñer á venda un novo cupo de asentos para os afeccionados que desexen presenciar o encontro.

O club lembra que os abonados poderán acceder ao partido utilizando o seu abono de tempada, sen necesidade de adquirir unha entrada adicional. Así mesmo, e ao igual que na fase de venda inicial, os abonados contarán con prioridade para adquirir estas novas localidades para familiares ou amigos ata mañá xoves 16 de abril ás 14:00 horas.

Unha vez finalizado este prazo, as entradas restantes poranse a disposición do público xeral.

Monbus Obradoiro agradece o enorme apoio amosado pola súa afección e anima a toda a cidade a vivir un partido que promete ser unha gran festa do baloncesto galego.

Categorías